Caxade, Familia Caamagno, Arrhythmia e Conducto Coloquio
As Festas do San Froilán ofrecen no mesmo día o mellor indie-folk, punk-rock e blues de Galicia da man desta catro formacións que se xuntan no mesmo escenario.

As Festas do San Froilán ofrecen no mesmo día o mellor indie-folk, punk-rock e blues de Galicia da man desta catro formacións que se xuntan no mesmo escenario.
O músico, compositor e cantante galego ven de publicar 'Son galego, Son cubano', unha homenaxe a Neira Vilas é a emigración galega en Cuba.
Roi Casal, ex membro de Milladoiro, comezou a súa viaxe musical en solitario coa publicación de 'Lendas douradas' no ano 2008, que rápidamente converteuse no disco máis vendido de Galicia dese ano.
Actuación dentro das Festas do San Froilán de Lugo.
E tras o Safari Verde (que comeza ás 16.30 e fai falla inscrición), a Cidade da Cultura convida a un Pícnic Musical no edificio CINC no que poder merendar ao son da Ukestra do Medio.
Ataviados cos seus pequenos ukeleles, os músicos da Ukestra do Medio levarán ao seu terreo pezas dos máis diversos estilos: de clásicos do rock'n'roll, country, swing ou pop a cancións tradicionais galegas, fados, cumbias tangos ou bossanovas.
Mentres, grandes e pequenos poderán estirar os seus manteis e saborear cada un a súa propia merenda.
A entrada é libre ata completar aforo.
Louise Bourgeois inspira parte do programa musical que Vertixe Sonora Ensemble celebrará dentro do ciclo Correspondencias Sonoras
Lúas de outono, o espectáculo de homenaxe a Manuel María que cada ano acolle A Coruña, a cidade que o poeta escolleu para vivir, volta ao Teatro Rosalía, chegando á que xa é a súa oitava edición.
Diegos Ramos e a súa guitarra chegan para amosar ao vivo os temas do seu segundo disco en El Contrabajo Club de Vigo.
Sobre o escenario estará acompañado de Paco Dicenta (baixo), Sergio Delgado (piano) e Christian Delgado (batería). Como músicos convidados están Noelia Álvarez (voz) e Fredy Malouco(didgeridoo).
A violoncelista, cantante e compositora galega Rosa Cedrón anda a presentar o seu traballo 'Nada que perder', co que reaparece na escena musical tras o que fora o seu primeiro álbum "Entre dous mares". Nesta ocasión, estará acompañada do cantautor ourensán Emilio Rúa.
Máis de tres décadas enriba dos escenarios e unha ducia de discos marcan a viaxe musical de Malevaje, grupo liderado por Antonio Bartrina.
Malevaje amosa un total respecto ás raices do tango pero dándolle un toque moderno ás súas composicións coas que deleitan cun estilo persoal de cantar os sentimentos.
A entrada para o concerto en venda anticipada ten un prezo de 12 euros. Pódese mercar na propia sala. O día do concerto será de 15 euros.
Espectáculo baseado no libro-cd Pan de Millo, editado pola Editorial Kalandraka. Nel combínanse cancións con accións dramatizadas, vinculadas sempre ao feitos que están a narrar as historias musicadas.
Produción musical a cargo de Paulo Nogueiras e Magoia Bodega, do grupo Treixadura.
O tenor e soprano de Mathisen fusiónase coa longa relación que manteñen o contrabaixo e as percusións de Meaas Svendsen e Wildhagen.
Con este concerto Momentum visitan por vez primeira España.