Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xoán Curiel

Na súa traxectoria artística destaca a súa versatilidade, participando coma actor, músico, director, cantante ou bailarín en diversos proxectos vinculados á música, o teatro, o teatro infantil e a danza. No 2014, presenta o seu terceiro disco: Estamos no Verán!; neste caso trátase dunha novela-disco infantil, editado pola editorial Galaxia que ten como autora da novela a Charo Pita. En 2016 presenta un EP, Ecuacións, un traballo totalmente distinto e gravado cun sistema analóxico.

Galego

Un paseo pola música negra

BLACK achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións. 
 
A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't non sunshine ou Hit the road Jack, vibraremos lembrando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos como Beyonce, Emelie Sande ou Rihanna.
 

Galego

Pasional Tango

Espectáculo de Tango, formado por Piano e 2 voces + Parella de Baile. 

O repertorio é un percorrido polos tangos máis coñecidos e aqueloutros que non alcanzando tal gado de difusión, resultan de obrigada cita. Unha viaxe, desde o máis profundo de Buenos Aires, ao corazón do espectador.

Galego

O bigote de Mimí

Unha proposta escénica na que músicos e monicreques se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen sofre as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.

Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.

Galego

Con-certo ritmo

Trátase de un concerto en duo, mestura de cancións coñecidas por todos , baseado en cancións coñecidas para todo o mundo.

Cancións propias e versións mesturadas dos 70’ e 80’ facendo un concerto que vai desde cancións melódicas de Silvio Rodriguez, Serrat, Louis Armstrong, etc...a cancións máis animadas de The Beatles, Joe Cocker, Bruce Springsteen...

Uso pedal de voz e armónicas para facer un concerto dinámico, así como un pedal de guitarra para darlle unha mellor sonoridade.

Galego

Lydia Botana, De aquí para alá

A través da música contarase a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que lle faga feliz ao seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste. As e os rapaces asistentes embarcaranse deste xeito nunha viaxe musical arredor do mundo pasando polo Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Os Estados Unidos, Galicia e outros lugares máxicos.

Cantarase co público os retrousos de melodía de variados xéneros musicais como a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska...

Galego

Odaiko

Divertida proposta didáctica dirixida a un público familiar no que a complicidade co público é a ferramenta para que o espectador disfrute dunha maxistral clase de enxeño.

Odaiko amosa instrumentos super novidosos e virtuosas composicións feitas por eles mesmos e que, xunto cunha sorprendente posta en escena e o humor retranqueiro, fan deste espectáculo outro éxito asegurado.

Actuación dentro da Rede galega de teatros e auditorios.

Galego

De Vacas

De Vacas é o proxecto musical das vocalistas Faia Díaz, Inés Salvado e Paula Romero, ao que decidiron incorporar a Guillerme Fernández (guitarra). Déronse a coñecer a través de internet cunha sorprendente versión do Gangnam Style, de Psy. E iso que, cando decidiron poñer en marcha o experimento, pretendían ser un grupo de versións das Spice Girls, pero Guillerme convenceunas para amplar o abano de artistas aos que versionar. 

Galego

Concerto de Best Boy

Best boy  é o resultado de anos de acumulación de experiencias e vivencias: desde proxectos musicais case improvisados acumulando quilómetros de furgoneta, ata performances de madrugada acompañando as sesións de DJs de moda ; sen esquecer as interminables jams nas que a versatilidade e a soltura en escena son necesarias aliadas.
 
Influencias ? pois  todas : desde o blue grass ao funk máis clásico , desde o soul da motown ata o rock sureño, o pop, o jazz 
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto