Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Toma 612 en concerto

Formada por Jhonny (voz), Ramón (guitarra), Dimas (batería) e Mario (baixo), a Toma 612 Band ofrece a presentación do seu primeiro disco, "Toma 612", no que nos mostran as cancións deste primeiro LP, cunhas letras moi persoais, compostas polo guitarrista, Ramón Vigo.

Galego

Toma 612 en concerto

Formada por Jhonny (voz), Ramón (guitarra), Dimas (batería) e Mario (baixo), a Toma 612 Band ofrece a presentación do seu primeiro disco, "Toma 612", no que nos mostran as cancións deste primeiro LP, cunhas letras moi persoais, compostas polo guitarrista, Ramón Vigo. Esta banda  de Rock-Indie,  ao mesmo tempo está influenciada por grandes referentes tanto para Jhonny como para Ramón (os fundadores da banda) como poden ser Leiva ou Iván Ferreiro.

Galego

Chapeu

Chapeu é un proxecto musical de Tatán Cunha que arranca fai máis de un ano coa colaboración de Pablo Vidal e Uxia na creación musical e arranxos varios. Letras de Tatán e colaboracións letrísicas de Uxia e Magin Blanco nas cancións Chapeu e Veludo e algodón, e Carlos Blanco en Mútua de decesos.

Chapeu é unha dúcia de cancións escritas para contar historias. Fotografías teatrais, o mundo que máis coñece Tatán Cunha; carregado de amizades que me invitan a cantar e a quen admira e con quen creou este proxecto. Xente da música, xente do teatro..xente dos títeres..

Galego

Concerto de El Twanguero

"EL TWANGUERO" guitarrista, e compositor español. Twanguero é un dos artistas máis activos da escena hispana. Recoñecido internacionalmente polo particular son Twang que oscila entre guitarra española, folk americano, flamenco, tango e o seu impecable dominio do fingerpicking.
Considerado por moitos como un dos mellores guitarristas do mundo, gañador de dous LatinGRAMMY, El Twanguero convoca a púbicos de todo tipo: fanáticos da guitarra e fanáticos da diversión e o ritmo.

Galego

Concerto de MJ Pérez

MJ ofrécenos unha combinación de temas dos seus dous discos "Ollos que non ven, síntoma de cegueira" e "Guerrilleira", pero desta vez cun toque diferente.

Acompañada á guitarra por Diego Fiuza, consiguen unha combinación entre acústico e eléctrico que acentúa a forza de todas estas pezas. 

 

Galego

Fíos do querer

Proxecto de libro disco para meniños de 0 a 3 anos. Coa música de Cé Orquestra Pantasma e coas ilustracións de Cristina Ouro.

César Freiría logo de pasar por diferentes grupos dentro da música tradicional como A Roda, Aradouro, grupos de gaitas, rondallas de nadal,... grupos de punk como Oxtiax Ke Te Pariu,... ármase en solitario como home orquestra.

Unha chea de horas investidas deron como resultado a Cé Orquestra Pantasma, unha banda versátil e con aire festivo que xurdiu oficialmente a comezos do verán de 2008.

Galego

Concerto de Los Correctos

Os Correctos é un grupo de música dedicado a pasalo ben, tanto pola parte do público como pola dos músicos. Nacen na pequena vila do Barco de Valdeorras (Ourense) para desenvolver un programa musical de entretemento no que poder decorar musicalmente calquera ambiente de festa. Os diferentes tipos de música no gran abanico dun aloucado repertorio permiten regresar ao pasado e facer un percorrido inesquecible no que a xente establece rapidamente un contacto co espectáculo.

Galego

Concerto de Nota Bene

Repaso por algúns dos temas e cancións que máis lles gustan xunto con outras de autoría e creación propia dende a súa visión persoal e a súa longa traxectoria no mundo da música e da arte.

NOTA BENE son: Seve Fervenza (voz e guitarra), Lolo Nantes (voz e guitarra), Magdalena Gamallo (voz) e Noli Torres (percusión e baixo).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto