Concerto de Camarada Nimoy
Camarada Nimoy din que non son unha banda de surf, de kraut, de psicodelia, de jazz, de rock, de space age pop, de lounge, de exótica… pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros.
A súa é unha proposta instrumental de son recoñecible coa que intentan ter amplitude de miras dentro das súas posibilidades. Un cóctel sonoro que serven dun xeito sinxelo sen moitas pretensións acompañado sempre de proxeccións nos seus directos que convirten os seus temas en bandas sonoras das súas elucubracións visuais, fundindo todo en imaxes, en paisaxes sonoras.

