Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Triángulo de Amor Bizarro

Os boirenses actúan na casa dispostos a ofrecer un concerto cheo de sorpresas no que presentar o seu traballo Salve Discordia

A formación integrada por Rodrigo Caamaño, Isa Cea, Rafa Mallo e Zippo, debutou en 2007 cun disco que os levou do anonimato a estar presente nos escenarios de case todos os festivais. Triángulo de Amor Bizarro navega polo indie rock, space rock, noise rock, post-punk, neo-psicodelia e o shoegaze e a revista Rolling Stone chegou a incluílos entre os 10 grupos imprescindibles da escena rock española.

Galego

Aldaolado

Con dez poemas por barba. Este é o tíulo do espectáculo musical de Aldaolado, onde hai espazo para apoesía e moitas historias. Tamén hai cancións, as preferidas da formación e moitas ganas de compartir co público, de xogar, de emocionar e facer gozar.

 

Galego

Santiago Auserón coa Real Filharmonía de Galicia

Ricardo Casero, director
Joan Vinyals, guitarra acústica

A Real Filharmonía de Galicia poralle música á voz do cantante e compositor zaragozano Santiago Auserón. É nun concerto conxunto. A cita ten lugar na sede da orquestra, o Auditorio de Galicia, baixo a dirección do mestre Ricardo Casero.

Santiago Auserón presenta coa Real Filharmonía de Galicia o seu proxecto “Vagamundo”. Xunto aos músicos da orquestra soará tamén a guitarra acústica de Joan Vinyals, que o acompaña habitualmente.

 

Galego

Lucy and The Rats

Lucy and The Rats, liderada por Lucy, do trío de pop punk The Spazzys, é unha banda de recente formación que ten moito que ofrecer, e moi bo e demostrandoo ao vivo. A banda anda de xira polos escenarios co seu "Say Hello to the Rats Tour". Noite total de rock á que se suman as bandas convidadas Raw Fun e a formación local Las Heroínas.

Galego

Banda Crebinsky

A Banda Crebinsky é unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, creada do filme Crebinsky. Deste xeito, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla para invitar á festa.

 

Galego

Bellón Maceiras

Composicións propias e pezas tradicionais de diferentes partes do mundo compoñen o variado repertorio de Bellón Maceiras, o dúo integrado por músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego como son Daniel Bellón (gaita e saxo) e Diego Maceiras (acordeón).

Pero neste concerto non están sós e elixen como compañeiro da viaxe a Juan "Cabe" (guitarrista en Bellón Maceiras Quinteto).

Galego

The Soul of O. Nermaud

Con motivo da exposición Agrupar_Desagrupar: rupturas da representación, establecerase un diálogo directo entre os artistas, con obra na colección do centro, e cinco compositores. Henrik Denerin (Suecia, 1978), Eduardo Flores (Ecuador, 1960), Iván Ferrer (México, 1976), Ivo Nilson (Suecia, 1966) e José Subía (Ecuador, 1985) daránlles voz aos artistas María Ruido, Simón Pacheco, Pamen Pereira, Jorge Barbi e Carme Nogueira, mentres que Vertixe Sonora fará unha adaptación da banda sonora orixinal The Soul of O.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto