Concerto do Val das Mouras
O Val das Mouras é una formación celta-folk que basea a súa proposta musical na obra poética de Rosalía de Castro, concretamente no libro Follas Novas. A banda, que comparte nome cun lendario bosque galego, convídavos a empezar unha viaxe atrás no tempo cara a un lugar moi lonxe, a través de profundas melodías e harmonizando os versos que retrataron á muller galega e ao emigrante, ao mariñeiro e ao aldeán.

