Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xabier Díaz Trío

Xabier Díaz compaxina as súas facianas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego.

Foi cantante titular da compañia Nova Galega de Danza. Entrou a formar parte do grupo Berrogüeto onde participou dende comenzos do 2008 ata este mesmo ano o que a banda anunciaba a súa disolución. Ademais, participou con Guadi Galego, Guillermmo Fernández e Xosé Lois Romero no prxecto aCadaCanto.

Galego

Weli Kings

Adaptacion de Clasicos do cancioneiro galego ao estilo da banda viguesa Weli Kings, + os clasicos temas os seus dous traballos anteriores ("Onde Está Cosme? " e "Dámelo").

Galego

Un paseo por la música negra

BLACK achéganos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións.

A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't non sunshine ou Hit theroad Jack, vibraremos recordando voces inesquecibles como Aretha Franklin ou Steve Wonder e gozaremos con versións de artistas modernos como Beyonce, Emelie Sande ou Rihanna.

Galego

Estamos no verán

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro.
Trátase dun disco-libro editado pola editorial Galaxia que narra as aventuras duns raparigos que na época estival atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Galego

15 primaveras

Despois de ler o poema do “Timoteo” do libro “Rimas con letras”, Gloria emocionada e ilusionada toma una decisión, encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons máxicos que darán vida a historias máxicas, como a da cabritiña que se convertirá en Mamá, a nosa Mamá Cabra.

Gloria acompañada de moitos artistas apaixoados medran ao carón dos máis cativos e cativas, con cancións que ao longo de estes anos quedaron nas nosas memorias . Esta aventura cumple este ano o 15 aniversario.

Galego

Radio Pesquera

Partindo de composicións propias e versions de música de jazz, son cubano, rock... o concerto vai pasando por sons que veñen do Atlántico, terra dos dous músicos ( Barbate e Vigo ). Música que ven das raíces populares das cancions que bañan este océano, desde Sudáfrica o Reino Unido, desde Canadá ata Arxentina. 

Concerto instrumental a 2 guitarras. Guitarra española (Nono García) e guitarra eléctrica (Pablo Novoa), presentando o seu disco Radio Pesquera.

Galego

Radio Cos

  • Radio Cos, uns pandereteiros de sona que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

    Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elemntos tírados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación  co país.

    A Banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Galego

Radio Cos

Radio Cos, uns pandereteiros que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.

Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elemntos tírados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación  co país.

A Banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.

Galego

Lémbrame un soño

Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto