The Pinker Tones en concerto

Partindo de composicións propias e versions de música de jazz, son cubano, rock... o concerto vai pasando por sons que veñen do Atlántico, terra dos dous músicos ( Barbate e Vigo ). Música que ven das raíces populares das cancions que bañan este océano, desde Sudáfrica o Reino Unido, desde Canadá ata Arxentina.
Concerto instrumental a 2 guitarras. Guitarra española (Nono García) e guitarra eléctrica (Pablo Novoa), presentando o seu disco Radio Pesquera.
Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elemntos tírados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.
A Banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.
Radio Cos, uns pandereteiros que fixeron evolucionar a nosa música naturalmente.
Xurxo Fernández e Quique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galiza. Agora preséntannos o seu primeiro disco, música de raíz que mestura a sonoridade máis arcaica con elemntos tírados da propia tradición e melodías alleas que gardan relación co país.
A Banda confórmana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas na gaita e saxo soprano, Nikolay Velikov no violino e Xan Pampín no acordeón.
Catro mulleres, Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz. Elas forman este insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das suas voces dan vida a un estilo propio e único, chamado Lulavai.
Con instrumentos de xoguete, Xiana Lastra caracterizada de Pitusa Semifusa, Olga Brañas caracterizada da súa avoa directora de orquestra e Sérgio Tannus como o seu irmán Xabier, irán explicándolles aos cativos aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertence cada un. Todo elo nun espectáculo participativo e teatral para cos pequechos e con algunha coreografía sinxela para pasalo en grande
Trátase dunha formación un tanto atípica integrada por Paul Álvarez á guitarra flamenca,
Iago Mouriño ás teclas e Pablo Pérez aos baixos.
A proposta musical abrangue temas propios de Paul Álvarez, tanto recentemente
publicados no seu disco como temas aínda inéditos, arranxados para trío instrumental.
Unha música de profunda raíz flamenca pero moi aderezada i enriquecida por multiples
cores rockeiros ou jazzísticos, dende composicións puramente flamencas ata outras ricas
en mestizaxe sonora.
O grupo Merope, banda composta por músicos de procedencia diversa e que fan música universal, interpretada de xeito que une almas e espíritus "sen importar a súa orixe e nacionalidade; ao final non importa o idioma no que se canta se se fai con amor; ao final non existen fronteiras, pois a música é un idioma universal", segundo o músico e compositor mexicano, George Franco.
Concerto do guitarrista tudense Samuel Diz, quen a pesares da súa xuventude (naceu en 1986) está considerado xa como unha figura consagrada e que está no camiño de acadar un lugar entre as grandes estrelas deste instrumento, que domina con mestría singular e que lle ten procurado xa importantes premios.
Vertixe Sonora Ensemble ofrecerá ensaios abertos ao público para amosar o proceso das creacións musicais realizadas específicamente para as exposicións do CGAC no ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras.