Narf & Timbila Muzimba
Bumba II: De Zigala a Zemambiquo é unha colaboración entre artistas de Santiago de Compostela e Maputo. Entre Fran “Narf” Pérez, un dos principais compositores e líderes da música contemporánea galega, e Timbila Muzimba, un colectivo fundado por un grupo de mozos mozambicanos músicos e bailaríns en Maputo no ano 1997. Todos xunto teñen actuado en España, Portugal e Mozambique ao longo dos últimos dez anos.

