The Rebel
'The Rebel (O Rebelde)' é unha ópera-rock creada e dirixida por Iván e Miguel Caride; unha historia sobre o alzamento de pascua en Irlanda. Neste traballo tamén están implicados artistas de diversas disciplinas (música, teatro, cine, artes gráficas e creatividade dixital) dando como resultado un proxecto multidisciplinar do máis ambicioso.
As entradas teñen un prezo de 15 euros, a favor da Asociación de Dano Cerebral Adquirido de Ourense Renacer.

