
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2025 reuniuse en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
Letras
Editorial Galaxia
Artes Visuais
Bienal de Arte de Pontevedra
Artes Escénicas
Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Música
Bodegas Martín Códax
Audiovisual
Baños Films
Lingua
Campaña ‘Aquí tamén se fala’
Patrimonio Cultural
Antón Corral
Proxección exterior
Programa de radio ‘Sempre en Galicia’
















