Nova: Os Premios da Cultura Galega 2023 recaen en Yolanda Castaño, o Museo do Gravado á Estampa Dixital, Pistacatro, a Banda de Música Unión de Guláns, Portocabo, Ponte...nas Ondas!, Eduardo Pardo de Guevara e os curso de verán Galego sen fronteiras
16/10/2023
Os Premios da Cultura Galega 2023 recaen en Yolanda Castaño, o Museo do Gravado á Estampa Dixital, Pistacatro, a Banda de Música Unión de Guláns, Portocabo, Ponte...nas Ondas!, Eduardo Pardo de Guevara e os curso de verán Galego sen fronteiras
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
O Goberno autonómico recoñece un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección cultural de Galicia
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023 O xurado dos Premios da Cultura Galega 2023 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
Categoría
|
Premiado/a
|
Letras
|
Yolanda Castaño
|
Artes Visuais
|
Museo do Gravado á Estampa Dixital
|
Artes Escénicas
|
PistaCatro
|
Música
|
Banda de Música Unión de Guláns
|
Audiovisual
|
Portocabo
|
Lingua
|
Ponte...nas Ondas!
|
Patrimonio Cultural
|
Eduardo Pardo de Guevara
|
Proxección Exterior
|
Cursos de verán Galego sen fronteiras |
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de igualdade, Sandra Vázquez; o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Fina Casalderrey, en representación da Real Academia Galega; Elena Vázquez Cendán, do Consello da Cultura Galega; Ramón Yzquierdo Perrín, da Real Academia Galega de Belas Artes; Esperanza Gigirey, directora do Museo das Peregrinacións e de Santiago; Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas de Galicia; Patricia Hermida, presidenta da Asociación Galega de Empresas Musicais, e Estíbaliz Veiga, actriz, presentadora, pedagoga teatral e guionista.
Con estes galardóns, a Xunta de Galicia distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.
Hai información ampliada sobre cada un dos premiados no dossier que se pode descargar nesta nova .