Nova: Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia
04/10/2022
Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
O Goberno autonómico recoñece un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección cultural de Galicia
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
Categoría
|
Premiado/a
|
Letras
|
Marica Campo |
Artes Visuais |
María Victoria Carballo-Calero |
Artes Escénicas |
Melania Cruz |
Música
|
Cursos Universitarios Internacionais Música en Compostela
|
Audiovisual
|
Xosé Ramón Gayoso |
Lingua
|
Manuel González |
Patrimonio Cultural |
Xacarandaina
|
Proxección Exterior |
Programa ConCiencia |
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella; a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, así como profesionais da cultura de Galicia de recoñecido prestixio como Zaza Ceballos, produtora audiovisual e galardoada nos Premios da Cultura Galega 2021; Elena Pardo, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, e Xosé Eduardo López-Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Con estes galardóns, a Xunta de Galicia distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.
Pódese ampliar a información sobre cada un dos premiados no dossier que se achega.