Escenas do Cambio

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha a segunda edición deEscenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Consulta o programa e venda de entradas en www.escenasdocambio.org

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Muerte y reencarnación en un cowboy

Escenas do Cambio conta unha historia posible do teatro. Nesa historia, Muerte y reencarnación en un cowboy preséntase como un desafío a vivir no abismo de cada instante e un dos puntos máis altos da obra de Rodrigo García. A peza fala da risa, da amizade, da parella e de todas esas cousas transcendentais que se foron perdendo e que nos condenan a unha irremediable soidade. Rodrigo García, fiel profeta destes tempos electrónicos, é capaz de ver máis aló e o di alto e claro. Sen dobres tintas, sen precaucións. E iso fai dano.

Galego

Tempo e Espaço: Os Solos da Marrabenta

Tempo e Espaço explora unha crise de identidade. Deconstrúe representacións culturais dun corpo “puro” africano, en particular, o corpo de Mozambique. Desde a independencia de Portugal en 1975, Mozambique foi unha terra de fendas sociais e políticas que vén dun modelo comunista inflexible a gradualmente abrir o camiño cara a unha democracia feble. A performance traballa sobre a idea do corpo africano de hoxe: un corpo que absorbeu os ideais de nacionalismo, modernidade, socialismo e liberdade de expresión.

Galego

Mateluna

“Hai tres anos, Jorge Mateluna colaborou na creación da obra Escuela. Ese mesmo ano, a policía detívoo a varias cuadras do asalto a un banco e acusouno con probas discutibles. Agora está preso, condenado a 16 anos de cárcere. Nós cremos que o xuízo que o condenou é inxusto, e a obra Mateluna tentará discutir a súa posible inocencia”.

Galego

Antes de la metralla

Antes de la metralla non pretende ser unha representación. É un encontro real entre persoas que por unha parte aportan o seu punto de vista e, por outra, están dispostas a amosarse máis alá do refuxio da palabra. O obxectivo é expoñer algunhas orientacións e interpretacións da escena contemporánea desde diferentes ángulos, perspectivas ou implicacións.

Galego

Suministros

Suministros formúlase como un grupo de traballo ao redor diso que Marcel, o narrador do tempo perdido de Proust chama “segundo traxe máis externo”. O obxectivo estriba en compoñer a biografía dun dos actores non humanos que interveñan no festival Escenas do Cambio 2017. Para iso centraremos a nosa atención nas subministracións básicas (auga e luz) que fan posible o evento. Entre todos os integrantes do grupo acordaremos en que subministro fixaremos a atención e iniciaremos o estudo.

Galego

Aparato radical

Aparato radicalé un monólogo polifónico, ramificado, exuberante, reiterativo, divisible e sésil. A súa protagonista é unha muller, que non é un individuo; é unha multitude, un enxame. Esta non é unha obra animal, é unha obra vexetal. Baseándonos no pensamento revolucionario de filósofos das plantas como Michael Marder e neurobiólogos vexetais como Stefano Mancuso, a exploración consiste en sondar os modos en que novos conceptos como a intelixencia vexetal, a alma vexetativa ou a comunicación vexetal poden transformar a nosa práctica creativa.

Galego

Entrenamiento para la libertad

O proxectoé de carácter biográfico e ten como eixe vertebral a liberación do loro que leva vivindo na familia da autora desde hai máis de 30 anos. Este loro estivo sempre vivindo desde a súa gaiola encerrado e converténdose en testemuña da memoria familiar. A través da liberación do loro, Carolina Fernández pretende facer unha radiografía da historia familiar e un acto de liberación persoal das dinámicas familiares que nos impiden desenvolvernos.

Galego

Federico León

Federico León (Buenos Aires, 1975). En teatro escribiu e dirixiu Cachetazo de campo, Museo Miguel Ángel Boezzio, Mil quinientos metros sobre el nivel de Jack, El adolescente, Yo en el Futuro, Las Multitudes e Las ideas. Escribiu, dirixiu e actuou na súa primeira película, Todo juntos. En 2007 escribiu e dirixiu xunto a Marcos Martínez, a súa segunda película: Estrellas. En 2009, xunto a Martín Rejtman, escribiu e dirixiu Entrenamiento elemental para actores.

Galego

Entrenamiento elemental para actores

Un director de teatro e un cineasta xúntanse para realizar unha película sobre a formación de actores. O resultado, unha ficción onde os “estudantes” son nenos e nenas de entre 8 e 12 anos e onde dous profesores de teatro aplican dous métodos case contrarios, como se realmente fose posible crear un adestramento elemental para actores. Pero é posible? É posible formar por dentro e por fóra, saírse do corpo, transformarse? “Facer de outro non é calquera cousa”, conclúe un dos personaxes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Escenas do Cambio