Escenas do Cambio

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha a segunda edición deEscenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Consulta o programa e venda de entradas en www.escenasdocambio.org

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

In-Organic

Vinte e cinco metros de colar de perlas, unha cabeza de boi embalsamada, pinzas do pelo e un sinalizador de bicicletas, son os obxectos, ou mellor, os suxeitos (obxectos deslocalizados, desfuncionalizados e subxectivados), dos cales fai uso na performance. Busca o encontro corpo (=carne, simbólico e imaxinario) + obxectos (=presenza simbólica do Outro), desbordamento, superposicións e desprazamentos xeradores dun sentido (dirección e significado) Outro. (Marcela Levi).

MARCELA LEVI

Galego

Inspiracion ou extinción, dúas maneiras de ser Mundo

En Inspiracion ou extinción, dúas maneiras de ser Mundo, Oliver Laxe porá a dialogar a poesía do cheikh sufí Ibn Arabi coa do monxe zen Santoka, contrapoñendo así dúas maneiras estéticas de enfrontarse ao Mundo: un a través do afondamento no eu, o outro a través da anulación deste. Dúas maneiras de ser mundo que dalgunha maneira conviven en cada un de nós e na nosa produción artística. Oliver Laxe amosará algunhas imaxes dos seus últimos traballos Santos#2 e As Mimosas, fortemente influenciadas por estes dous autores.

Galego

Mordedores

En 2014 Marcela Levi e Lucía Russo deron inicio a un proceso de longa duración que demandaba a participación colaborativa de performers nunha investigación sobre a violencia, entendida e experimentada máis aló das súas connotacións inmediatas de aniquilamento, morte e destrución.

Galego

Barrunto

Saír por dentro, dentro do todo, de min. E parar o mundo, o meu. Algo xa respira por min. Coa alegría nos pulmóns e as portas abertas das miñas terras íntimas, móvome, móvome, movo, móvome… E así sigo viva. Así ando argallando para seguir aquí, aquí, aquí, saudando a todo o que se aveciña. Grazas por lembrarme cos teus, onde teñen que estar os meus ollos. Grazas á gravidade por lembrarme sempre onde teñen que estar os meus pés. Así fala Patricia Caballero sobre a súa última creación.

PATRICIA CABALLERO

Galego

Insulto ao público

“Nunha entrevista a Peter Handke preguntáronlle que era para el América cando era novo. O primeiro que dixo foi -Pois…Walt Whitman-. Para nós hai uns versos de Walt Whitman que reflicten perfectamente o espírito de Insulto ó público e o espírito da adolescencia.

Que eu me contradigo?
Pois si, contradígome. E, que?
(Eu son inmenso, conteño multitudes.)

Galego

Ensaio amor

Ensaio amor é froito da conciliación, a precariedade laboral e o amor.

Tres mulleres novas deciden embarcarse nun proxecto escénico ao redor da lei de Ohm, apropiándose dos significantes que contén; tensión, intensidade e resistencia, para reflexionar sobre os seu diferentes significados e utilizalos como pautas físicas. A maternidade muda os corpos, as necesidades, as prioridades, os recursos e os tempos.

Galego

¿De qué otra cosa podríamos hablar?

Esta conferencia en Escenas do Cambio 16 é o resultado dun traballo previo de catro artistas galegos (Areta Bolado, Carolina Fernández, Diana Mera e Tito Asorey) coa compañía Lagartijas Tiradas al Sol, no que cada participante se verá inmerso nunha serie de exercicios, que teñen como obxectivo o desenvolvemento das ideas que forman parte de cada proxecto.

O obxectivo é o de acompañar os participantes no desenvolvemento dos seus proxectos persoais, buscando procesar e afondar nas ideas, formas e temas de cada proxecto.

Galego

Um museo vivo de memórias pequenas e esquecidas

Peza documental sobre as memorias oficiais-non oficiais da dictatura portuguesa (1926-1974) e a Revolución (1974-1975).

A través dun longo e exhaustivo proceso de investigación e recollida de testemuñas, Joana Craveiro -directora artística de Teatro do Vestido- constrúe unha maratón de catro horas e media de historia e memoria e a relación entre memorias problemáticas e conflitivas e a ausencia de estados políticos de memoria en Portugal respecto da súa recente historia.

Galego

Véronique Doisneau

Invitado a facer unha peza para o ballet da Ópera de París pola súa directora Brigitte Lefèvre, Jérôme Bel quería representar unha especie de documental teatral sobre a obra dunha das bailarinas do ballet: Véronique Doisneau. A bailarina, próxima á idade de xubilación, soa no escenario, retrospectivamente e subxectivamente considera a súa propia carreira como bailarina dentro desta institución.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Escenas do Cambio