Estrellas
Os habitantes de Villa 21, barriada de Bos Aires, deciden sacar partido da súa paupérrima situación: Por que contratar actores para que fagan de pobres cando se pode contratar pobres verdadeiros? E así, liderados por Julio Arrieta, constitúense nunha factoría cinematográfica independente que ofrece personaxes de caracterización para o cine (alcólicos, drogadictos, delincuentes) reais, construtores de decorados capaces de levantar unha casa en tres minutos.