Escenas do Cambio

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha a segunda edición deEscenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Consulta o programa e venda de entradas en www.escenasdocambio.org

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Escenas do Cambio 2017

Escenas do Cambio. Festival de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura volve no 2017 con vinte e cinco espectáculos procedentes de 10 países diferentes. A terceira edición do festival terá lugar do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2017 e contará coa presenza de destacadas compañías galegas como Chévere, Matarile Teatro ou iLMaquinario.

Galego

Afectos

Afectos é unha reflexión de Rocío Molina e Rosario La Tremendita baseada na loita do ser e na capacidade de atopar a sinxeleza, a naturalidade e a confianza a través da existencia. Un traballo emotivo onde o silencio, a vibración, as texturas sonoras, a estética, o son, a voz, a danza ou a escena percorren un camiño de fonda busca cara ao máis profundo de cadaquén. Afectos expón a súa propia investigación para explicar que a imperfección é perfecta. Afondar na dureza da emoción, na fraxilidade da dor e no pracer atopado.

Galego

Who will save me today?

Habito un tempo e convivo cunha sociedade que me crea un constante conflito. Este é un dos principais motores do meu traballo. Unha tensión que me provoca buscar a maneira de operar dentro das diferentes contornas, preservándome, preservando o meu traballo. Indago sobre o modo de presentarme dentro das contornas e nesta tensión atopo a miña ferramenta. Dende este lugar creo dispositivos que conviden a entrar no meu mundo e habitalo por un tempo. Un mundo no que o corpo se converte en obxecto para fundirse ou prolongarse e así revelar o común do ser humano.

Galego

Altered natives say yes to another excess - Twerk

Dotados dunha grande experiencia en clubs de todo o mundo, Cecilia Bengolea e François Chaignaud decidiron facer dos clubs de baile un centro de investigación antropolóxica. Atopar unha escrita singular para poñer de relevo a natureza orgánica destas danzas e instalalo nun deseño gráfico axeitado foi un reto para estes curiosos bailaríns que para a ocasión se arrodearon doutros tres artistas (Alex Mugler, Ana Pi e Elisa Yvelin) e DJs famosos da escena Grime de Londres (Elías e Skilliam da compañía discográfica de Londres Butterz).

Galego

Cara pintada

A escena desta obra preséntase coma unha exposición de marcos baleiros, sen ningún contido, co obxectivo de dar renda solta ao noso imaxinario. O corpo preséntase neste espazo coma un obxecto máis, como un recipiente que se vai enchendo, cargando e transformando ata que perde a súa forma e se disolve no seu contido.

Galego

Ottof

En Ottof –formigas en bérber–, as palabras e os xestos son os depósitos e o eco dunha violencia que se quere transformar. Para este novo opus, Bouchra Ouizguen reúne a catro mulleres que xa participaron nas súas obras Madame Plaza, Ha! e Les corbeaux. As cinco exploran sobre o escenario coas súas palabras e os seus corpos a cotidianidade que ten que ver cos seus dereitos.

Galego

Le Cargo

Nun solo cru e íntimo, Faustin Linyekula mira a súa historia persoal á luz da historia rica e tumultuosa do seu Congo natal. Nun diálogo entre a música poderosa de Flamme Kapaya e a súa propia narrativa, Faustin Linyekula investiga a súa relación coa danza, a linguaxe física a través da cal conta, dende hai unha década, as historias do seu país, e procura no seu corpo vestixios desa historia brutal. “Unha persoa ten que crer teimuda –a pesar das convulsións da historia, das guerras, das revolucións, dos réximes– na celebración da beleza.

Galego

Ler e bailar. Os Eidos

Como seguir bailando hoxe en día? Pois lendo… Como seguir lendo hoxe en día? Pois bailando…Con esta proposta convidamos a/o espectador/a a asistir a unha lectura bailada en voz alta da obra Os Eidos, escrita por Uxío Novoneyra en 1955, coa cidade de Santiago de Compostela como fondo e o Monte Gaiás como testemuña. Un fluxo continuo, un non poder parar. Como os cantos rodados dun regato, ler e bailar, case ao unísono. Ler e bailar. (Idoia Zabaleta)

Galego

55

Radouan Mriziga presenta en Escenas do Cambio a súa primeira creación: 55, un solo no que xoga constantemente coa perspectiva e as expectativas do espectador. En 55, Mriziga fai do seu solo unha danza-investigación con dúas facetas. Unha, centrada na execución dunha serie de movementos, poñéndose a si mesmo nunha situación cada vez máis complexa. A outra, analiza o carácter narrativo de certas situacións que mudan, facendo fincapé no volume do corpo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Escenas do Cambio