Escenas do Cambio

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha a segunda edición deEscenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Consulta o programa e venda de entradas en www.escenasdocambio.org

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Cédric Andrieux

Esta peza de Jérôme Bel é un percorrido pola danza contemporánea a partir da reconstrución da experiencia vital do bailarín Cédric Andrieux, integrante da Merce Cunningham Dance Company durante case unha década.

Cédric Andrieux amosa en Escenas do Cambio 16 fragmentos de movementos e xestos de Trisha Brown, Merce Cunningham ou o propio Jérôme Bel, nun tour de force pola gramática da danza contemporánea mesturada coa narración biográfica do bailarín. O corpo como arquivo e o relato ante o público conforman unha historia xeracional e subxectiva da danza.

Galego

Arquive

En Archive, Arkadi Zaides profunda na súa exploración artística do conflito entre Israel e Palestina. O artista válese das imaxes tomadas polos voluntarios do Proxecto B’Tselem, unha iniciativa do Centro de Información Israelí para os Dereitos Humanos nos Territorios Ocupados, que dende 2007 distribúe cámaras de vídeo entre palestinos que viven en zonas de alto conflito para documentar as violacións de dereitos humanos e expoñer a realidade da vida baixo a ocupación.

Galego

Afectos, política agonística e prácticas artísticas

A politóloga Chantal Mouffe tratará de amosar a importancia da mobilización dos afectos comúns para a concepción agonística da política e de examinar o papel que desempeñan nese campo as prácticas artísticas e culturais.

CHANTAL MOUFFE (CHARLEROI, BÉLXICA, 1943)
Atópase entre os filósofos postestruturalistas e politólogos contemporáneos de maior renome.

Galego

Veracruz, nos estamos deforestando o cómo extrañar Xalapa

Veracruz, nos estamos deforestando o cómo extrañar Xalapa é unha conferencia, unha charla, unha intervención, un desafogo. É ollar de preto o problema acalado dun estado da República Mexicana que leva case doce anos gobernado por unha alianza entre os narcos e os políticos e, dende a terceira década do século XX, non tivo outro partido no poder có PRI. Veracruz contén nos seus territorios a ruta que comezou Cortés para conquistar México. Veracruz é o estado onde Luisa Pardo medrou.

Galego

Sobre performers descontextualizados e audiencias por control remoto

Como poñer en escena o ready-made e trasplantar expertos sobre un escenario, así como dentro desa zona gris entre realidade e ficción, utilizando material documental e intervencións teatrais? Stefan Kaegi amosaranos e comentará vídeos breves sobre as producións recentes do colectivo alemán Rimini Protokoll, con perforadores petróliferos kazakos, 50 espectadores baixo control remoto, 100 berlineses elixidos estadísticamente, así como operadores indios de call-centers e traficantes de armas internacionais.

Galego

Europa na casa

Europa na casa é unha performance que podes levar na túa equipaxe de man.

Que é a Europa en realidade? É unha fronteira xeográfica, unha identidade cultural, unha coalición de estados? Dise máis e máis que Europa é unha idea que sempre está mudando, como o individuo pode dicir da súa propia experiencia. Rimini Protokoll contrasta esa idea abstracta de Europa coa individualidade dun apartamento privado. 15 persoas forman parte dunha performance nunha sala de estar que entrelaza historias persoais e os mecanismos políticos de Europa.

Galego

Jaguar

Jaguar é o nome que se lle dá a algúns cabalos, unha peza de baile e un espectáculo de marionetas. En Jaguar somos marionetas e neste teatro manipulado, confiámonos aos outros e ás súas mans: Mandinga d’ Soncent, Wolfli, Blaue Reiter, entre outros, que a pesar de ser radicalmente diferentes, non son máis ca unha extensión de nós mesmos. Jaguar é un fragmento, unha escena de caza, ou en realidade, unha escena de caza atormentada. (Marlene Monteiro Freitas).

Galego

Escenas do Cambio 2016

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha a segunda edición de Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Consulta o programa e venda de entradas en www.escenasdocambio.org e na nosa Axenda

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Escenas do Cambio