Escenas do Cambio

A Cidade da Cultura de Galicia pon en marcha a segunda edición deEscenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción que se celebrará do 28 de xaneiro ao 13 de febreiro e que traerá 18 compañías de 10 países, cunha presenza destacada de novos creadores galegos e unha ollada a África e América Latina.

Consulta o programa e venda de entradas en www.escenasdocambio.org

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Las ideas

Un artista e o seu colaborador traballan no estudo deste último levando a cabo diferentes proxectos artísticos. O que parece ser o encontro informal entre dous amigos convértese paulatinamente nunha intensa xornada creativa. A obra ten lugar sobre unha mesa de ping-pong desordenada que o artista e o seu colaborador utilizan como mesa de traballo. Alí tamén se proxecta o escritorio dun ordenador.

Galego

Entre lo que ya no está y lo que todavía no está

Juan Domínguez quere suspender eventos e crear un intervalo de tempo no que integrar o seu pasado no seu futuro. Esta obra é unha formulación das súas visións e o seu desexo de atoparse co descoñecido a través da linguaxe. Domínguez non traballaba só desde hai 14 anos. Naquel entón, a coreografía do seu traballo propoñíase cun texto en cartóns que o público lía. Agora, vai falar de si mesmo xerando un autorretrato no que cita a algúns dos seus amigos e a si mesmo.

Galego

Que crítica precisamos?

Que crítica necesitamos?” Esta pregunta pode ser feita polos artistas profesionais, e tamén polos programadores, xornalistas, espectadores e artistas amadores. Non obstante, só pode ser respondida con propiedade por quen viste a pel do crítico/a e sente na pel as consecuencias do que escribiu. Un exercicio da crítica subordinado ao que os outros necesitan nunca será necesario nin necesaria. É necesaria, si, unha crítica que sexa teatral no sentido estrito: un acto visible de transformación.

Galego

Resaca

No verán de 2016, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex.

Galego

Adelante la selva

Descubrir o escuros en poñelo ao descuberto e dobrar onde o interior chega a ser exterior. Aparición ou desaparición? O que une as cousas entre si é a insignificancia da súa oposición e como todos os opostos enfrontados, non hai nada que reconciliar. É simplemente unha cuestión de iluminación. Cando a luz se move, unha superficie é revelada. Cando un buraco se move, unha superficie é inventada. Así que non preguntes que é o que deberías ver, senón onde esta o teu lugar.

Alejandra Pombo

Galego

Yo en el futuro

Yo en el futuro​ na súa versión orixinal estreouse en Bruxelas no 2009. Despois fíxoo en Bos Aires e, a partir de alí, durante os dous anos seguintes, presentouse en diferentes festivais e teatros do mundo. A obra recupera unha vella tradición dos cines arxentinos nos anos 50, cando algúns números teatrais precedían á proxección dunha película. Os protagonistas da obra, nenos naquela época, quedaron impresionados e influenciados polos números en vivo que alí presenciaron. Estes nenos filmaron unha serie de películas caseiras experimentais para ver no futuro.

Galego

Horion

Un “horion” en francés antigo é un golpe violento na cabeza ou os ombreiros. Esta peza trata de golpes: o dueto creado por Malika Djardi foi composto como un álbum musical con diferentes pezas. Neste álbum os instrumentos son substituídos por movementos, accións, expresións, disfraces ou obxectos: os bailaríns son como monicreques, oscilan entre homes primitivos e techno-sapiens xogando con referencias culturais para producir coreografías poéticas e rítmicas. Son golpes literais, pero son tamén descargas rítmicas, enerxéticas ou poéticas.

Galego

The Quiet Volume

Denominada como unha peza de auto-teatro,The Quiet Volume ocupará o espazo da Biblioteca da Cidade da Cultura a través de auriculares. O “libro silencioso” é unha performance bisbada, auto-xerada e automática para dúas persoas na sala de lectura dunha biblioteca. A peza explora a tensión que caracteriza e irmanda ás bibliotecas en todo o mundo: ese estado, mestura de silencio e lectura concentrada, no que as persoas se mergullan cando len un libro, cada un de forma íntima pero nun lugar público.

Galego

Perhaps all the dragons

A teoría dos seis graosde separación defende que calquera persoa no planeta está a seis ou menos unións de distancia de calquera outra persoa. Trinta historias, grandes ou pequenas, insólitas ou comúns, filosóficas, científicas ou anecdóticas que, a primeira vista, pouco ou nada teñen en común. BERLIN falou coas persoas que están detrás destas historias e, recollidas en forma de monólogos filmados, as reuniron nunha inmensa mesa redonda, que podería ser un barco á deriva, ou unha nave espacial. O público é convidado a un tête à tête con estes protagonistas.

Galego

A veces creo que te veo

Unha estación de tren. Catro escritores observan o lugar desde diferentes puntos de vista. Nos seus ordenadores portátiles escriben en vivo o que ven na estación. E tamén escriben sobre outras cousas, ás veces persoais, ás veces inventadas, ás veces históricas. Todo o que van escribindo proxéctase en pantallas de vídeo. Os espectadores e os transeúntes ocasionais da estación de tren comezan ser parte da narración dos escritores. Cando miran as pantallas notan que se están a converter en personaxes dunha ficción escrita no momento.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Escenas do Cambio