Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O encoro enmeigado (nas fragas do Eume)

Marcelino de Santiago, Miguel Cabaleiro e Isabel Rey.

O espectáculo O Encoro enmeigado (nas fragas do Eume) ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da Natureza, e o compromiso co coidado do noso entorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E ó mesmo tempo recuperar e por en valor aos personaxes míticos da nosa cultura popular que van a servirnos a nivel narrativo de enlace entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.

 

Galego

A nena que quería navegar

Sinopse: A Nena está farta de ser o centro das mofas dos seus compañeiros, e por iso foxe da escola coa intención de non volver nunca máis. Na súa aventura topará co Xeadeiro, un ser máxico e vital, que a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, devolveralle a autoestima perdida. Ensinaralle que dentro de cada un de nós agóchase un ser máxico, único e especial, e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de acadar todo o que nos propoñamos. 

Galego

Queimada musical

Animación para adultos onde a gaita presenta unha historia sobre o rito da queimada dende a simboloxía e as crenzas populares. Unha voz narra o que se anda a ver para que sexa facilmente comprensible.

Aparecen as meigas e interaccionan co público.

Por último o Druída e quen manterá a raia as forzas do mal grazas a súa frauta, para poder conxurar e cociñar este brebaxe máxico, co que se convida os presentes.

Actividade de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

O Quebranoces para bebés

Adaptación do espectáculo As aventuras de Quebranoces para nenos e nenas de menos de 3 anos. 

Espectáculo de Alma Cendán e Loreto Pérez, dúas intérpretes profesionais de piano e profesoras superiores deste intrumento nun Conservatorio da provincia de A Coruña pertencente á Consellería de Educación.

Galego

Cociña económica

Cociña Económica de Mofa e Befa é un dos espectáculos míticos do dúo cómico formado por Evarsito Calvo e Víctor Mosqueira.

Un espectáculo con case 20 anos de percorrido e que a día de hoxe continúa sendo un dos máis queridos polos fans de M&B. 

Galego

Gyrovagus

 

 

O veleiro Gyrovâgus, un carriño de bebé adaptado as necesidades do espectáculo, navega autónomo polas rúas das festas hasta atracar no lugar da representación. Todas as maniaobras serán supervisadas polo capitán Arenas e poderemos asistir o desembarco de criaturas marabillosas con habilidases fascinantes.

Galego

Un avó especial

En"Un avó especial"abórdase o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudar  a comprender situacións que moitas familias poden vivir no seu contorno. Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da doenza e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.

Galego

Cantacontos

En "Cantacontos" os contos tradicionais ou de creación propia son arrequentados con cancións, música ou sons que contribúen a espertar emocións nos nenos e nenas. Todos os contos tratan cuestións próximas ós/ás nenos/as e convídanos a participar no seu desenlace. As cancións complementan os seus contidos.

 

María dos Contos: MARÍA CAMPOS
Señor Dorremí: CARLOS YUS

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro