Emilia
Dirección: Ana R. Costa
Actriz: Pilar Gómez
Emilia é a primeira parte da trilogía Mujeres que se atreven, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que lles corresponde, así como dalas a coñecer ao gran público.

Dirección: Ana R. Costa
Actriz: Pilar Gómez
Emilia é a primeira parte da trilogía Mujeres que se atreven, que trata de posicionar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que lles corresponde, así como dalas a coñecer ao gran público.
Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández e Xosé Leis
Aguratrat! é unha adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal.
Aguratrat! é unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza.
Esta é a segunda montaxe para público familiar da compañía Pérez&Fernández, creadores de O poder de Amabel.
Moitas son as reelaboracións que o mito experimentou nas mans dos autores clásicos, medievais e modernos, pero se hai algo que todas teñen en común sería o feito de que invariablemente a heroína debe enfrontarse con férreos dilemas e tomar decisións que resultarán fatais para o curso da súa vida e tráxicas tamén para quen a arrodea.
Esta proposta é un convite para entrar no tempo pasado cunha nova actitude: dubidar do estereotipo, evitar os prexuízos, refutar as vías inmutables e escoitar.
Autor: Marcelino de Santiago
Directora: Isabel Rey Pousada
Elenco: Marcelino de Santiago
Espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, a partir de 3 anos, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.
Nunha apartada e fermosa fraga vivían Xoaniña unha nena alegre e rebulideira e o seu avó, Marcelino, un velliño moi sabio que contaba contos e lendas a esgalla, e sabía predicir o tempo sen ter que consultar en internet …
Director/a: Nelson Quinteiro Roa
Autor: Nelson Quinteiro Roa
Un orixinal espectáculo para nenos e nenas de todas as idades que consiste en a instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, praza ou teatro, a modo de unha barraca de feira ou de circo antigo e no que o mestre de cerimonias "Pedrito Mendrugo" e a súa pulga "Jacinta Florette" farán as delicias dos máis pequenos e tamén dos máis maiores transformando algúns contos populares desde un punto de vista moito máis cómico e actual.
Nacho atienza- Pedro Harina de Fuerza
Carolina Osorio- Di Marti.
Cooking with soul é un programa de Cociña TecnoEmocional onde rehogamos o amor, a creatividade, o medo, a sorte e as equivocacións para compartilo en directo por internet cos espectadores que estean conectados á nosa canle SuerTube.
- Sabela Hermida como María Casares.
- Germán Torres como Albert Camus.
Miranda Celia del Río é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu labiríntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos. Neste musical, tres actrices interpretan 24 personaxes.
Ficha artística:
Pedro Brandariz e Fran Rei, coñecidos ultimamente pola súa participación no programa Luar da TVG cos seus aloucados personaxes do Gordo e o Calvo e Os Ramistas, presentan un novo espectáculo cómico na liña do seu traballo en televisión. Bivalvos como galegos é, precisamente, o Gordo e o Calvo en esencia pura. O humor retranqueiro e irónico de Pedro Brandariz e Fran Rei sen colorantes nin conservantes.