Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Canta connosco!

En ¡Canta connosco! combínanse as cancións do disco do mesmo nome con accións dramáticas. Os temas que se tratan entre outros son: o coidado das mascotas; o consumismo na compra de xoguetes; a lectura como pracer fronte á TV e ós videoxogos; a importancia da imaxinación; o xogo do teatro; cancións que axudan a estudar; etc.

Os temas do disco que se interpretan neste espectáculo son: "Dime que fixeches", "O esqueleto", "O libro máxico", e "Ai, Patín".

Galego

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round encántanlle todos os obxectos redondos, cada día sae á rúa en busca dos máis curiosos obxectos con forma esférica, obxectos que agochan dentro un faixe de historias por descubrir.

Elenco: Juan Rodríguez

 

Galego

Historias da corripa: romances, viaxeiros e aparecidos

Historias da Corripa: romances, viaxeiros e aparecidos"é un lego oral e humorístico que nace ao abeiro das "corripas", que así lle chamaba a xente maior nalgunhas zonas de Galicia aos camiños abandonados ou engulidos polo progreso ou a natureza. Neste feixe de historias e contos fúndese o moderno coa tradición, o rural co urbán e a literatura culta coa chamada literatura oral.

Galego

Babacontos con Carlos Casares

Contos de Carlos Casares forman gran parte do repertorio deste Babacontos. Utilizando as ferramentas da narración oral tradicionais, coñeceremos a “Toribio” ese neno inventor creado por Casares, algunhas das historias do libro A galiña azul e pasaxes da peza teatral As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, da man da actriz Larraitz Urruzola.

Xogaremos a crear atmósferas poéticas, situacións que xurden da transformación da realidade, contribuíndo a iniciarse no mundo dos contos e do teatro a través da fantasía, da inventiva, da creación efémera e espontánea.

Galego

Martes de Carnaval

O Centro Dramático Galego (CDG) estrea Martes de Carnaval, que supón a primeira posta en escena en galego das pezas de Ramón María del Valle-Inclán ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’.

Con esta montaxe, a compañía pública galega contribúe á incorporación do gran autor arousán ao repertorio teatral en galego no ano en que quedaron liberados os dereitos da súa obra.

Galego

Retrincos de Castelao

Elenco artístico: Isabel Risco e Fran Rei

Culturactiva presenta a Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor galego a través dun texto de Diego Rey.

Retrincos de Castelao ofrécenos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro