Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Canto Conto

Espectáculo de Expresións Producción no que se mestura sesión de contacontos con clown, música e cancións en directo.

Sinopse: Manoliño é un rapaz ao que lle encantan os contos, xogar.....    Un día decide buscar o tesouro dun pirata.

Neste conto o público participa nas cancións e descobre cal é o verdadeiro tesouro.

Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Galego

Lobo Bobo

Gonçalo Guerreiro mestura os contos de sempre para crear unha nova historia na que conviven o cómico e o poético co teatro xestual e a música.
 
Un espectáculo interactivo, onde as figuras feitas en cartón cobran vida e onde os cativos poden entrar na casa da avoa dos contos para escoitar as súas historias.

 

Galego

Danza da choiva

Elenco artístico de Elefante Elegante:
Gonçalo Guerreiro e María Torres

Que aconteceria se de súpeto deixase de chover? Non durante un mes, un verán ou un ano, senón para sempre? Esta é a pregunta que se fai o espectáculo de teatro xestual, con danza, manipulación de obxectos e monicreques. Os seus efectos cómicos, plásticos e poéticos advirten, divirten e fascinan.

 

 

Galego

Os tres porquiños

  • Paulo Medal (Explorador)
  • Martiña Villar (Porquiño Pequeno)
  • Susana Martínez (Porquiño Mediano)
  • Andrés Viana (Porquiño Maior)
  • Mariña Río (Lobo Feroz)

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

Galego

Cores

Na casa de Violeta ultimamente hai bastantes problemas. Tantos que Violeta,  o seu pai e a súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa. Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Violeta, metida na cama coa súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaron sen cores! Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos. 

 

Galego

Pindirico Show

Pindi e Rico son dous irmáns pertencentes a unha gran familia dedicada ao circo. E nesta ocasión, os dous, van montar un circo moi peculiar, onde haberá equilibrios moi perigosos, números de leóns (sen leóns, desparicións, forzudos, instrumentos diabólicos, levitacións e clown, sobre todo moito clown.

Pindirico Show é un espectáculo para todos os públicos no que se traballa o humor absurdo de moi diferentes maneiras. Un espectáculo que fara rir e emocionará a partes iguais.

Galego

O restaurante de Pindirico

Pedro Brandariz Gómez

Felipe Díaz Valle "Caxoto"

 

 

A exitosa e recoñecida Familia do Pindirico volve á carga, desta vez montando (ou intentándoo) un gran “ristorant” onde lles sucederán unha manchea de cómicas e sorprendentes dificultades que irán salvando moi creativamente.

 

As gargalladas e diversión do público infantil e familiar están totalmente garantidas.

 

Ademais, este é un espectáculo moi didáctico pois ensina ás cativas e cativos a comer dunha maneira saudable.

Galego

Inmedioteces

Elenco: Pedro Brandariz e Víctor Grande

Pequenas Inmedioteces é un espectáculo de improvisación teatral para público familiar, no que os actores-improvisadores crearán escenas cómicas a partir das ideas que as cativas e cativos vaian aportando de maneira interactiva.

Polo tanto, as pequenas e os pequenos serán as auténticas e auténticos guionistas dun espectáculo único, inédito e irrepetible.Trátase dunha montaxe moi divertida e moi motivadora e didáctica para grandes e pequenos.

Galego

As lavandeiras

Elenco artístico: Galicia Gutiérrez " Gali", Raquel Penín e Eva Tato

Esta peza teatral está baseada no labor das lavandeiras, moi presente no imaxinario colectivo galego, provoca a reflexión sobre o papel da muller na sociedade galega.

Espectáculo dentro da programación de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro