Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

Intérpretes: Vanesa Rivas e David Pernas

Berenguela é unha alegre e traste espiña de toxo .Atópase coa arrogante folla de carballo e decide xogar con ela. Pero esta folla desprézaa.
A discusión acaba en pelexa e a folla de carballo denuncia á espiña.
Esta peza de teatro distribuída en nove actos breves, ademais de ser líricamente moi fermosa, sinala unha forte crítica social: a do abuso do poder, onde os argumentos non importan ante a forza dos poderosos

Galego

Xeado de lúa

Sinopse: Unha noite de verán un pastor noviño entrou no bosque buscando unha ovella que se lle perdera.  Veña a dar voltas e voltas e de súpeto decatouse que estaba el tamén perdido.

Galego

Daniel Faria

O tema central da vida de Daniel Faria foi o compartir. Compartir a palabra, a amizade, a poesía e a fe. Pero tamén compartir o teatro, onde el atopou unha linguaxe única. Daniel escolleu unha vida apagada, pero a súa obra enteira é unha resposta á palabra de Deus, afirmaba un compañeiro do mosteiro de Singeverga. Non imaxinas como brillaba cando actuaba, cando saía a escena transformábase, dicía outro. Nel existía a necesidade de representación. E precisamente a partir da representación enténdese a fe. Se a fe está nalgún lugar, está no rito e non na doutrina.

Galego

Habemus mama

Xoana: Isabel Blanco
Paula: Sabela Hermida

Sinopse: Paula e Xoana son dúas irmás desesperadas por que a súa nai nonaxenaria pase a mellor vida. Pero a muller non ten intención de morrer nunca.

Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa.

Galego

Manar. A derradeira caravana

Manar: Sabela Hermida
Laúd: Hames Bitar
Percusión: Luís Taberna
Voces en off: Ana Abarquero, Manuela Varela e Lino Braxe
 
Sinopse:

Manar, é un nome árabe de muller que, dende o poderío da súa sonoridade, invítanos a penetrar na vida da protagonista, a través da interpretación das diferentes etapas vitáis e emocións da súa existencia, a través da poesía, da música e da danza, elementos que enfatízan a expresión das diferentes realidades polas que transita a nosa protagonista.

Galego

Pai non hai máis que un

~Unha comedia clásica de enredo que busca sobre todo facer rir , pero tamén deixar un pequeno pouso, do que hoxe en día está a acontecer nesta sociedade de crise. Todo isto aderezado coa retranca galega que nunca foi gratuíta.

Elenco: ~Xosé Manuel Conde e Julián Rodríguez Novo
 Coa colaboración de:Deborah Vukusic, Quique Fernández, Aurora Maestre, Pablo Dios e Chelo Reguera.

Galego

O ferro

Elenco: Gemma Ulloa e Nacho Martín

Dirección: Tatiana Likhavecha

Sinopse: Esta e a historia dun matrimonio que leva 14 anos xuntos. Luís é un administrativo que traballa nun banco. Rosa é unha ama de casa que comezou estudar administración de empresas, pero antes de rematar quedou embarazada e tivo que deixar a carreira. Ademais, durante os últimos cinco anos tivo que coidar da súa sogra, enferma de alzeimer.

Galego

Ubú Rei

Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Rios, Rubén Prieto e David Creus.

Dirección: Roberto Salgueiro

Galego

A cabeza do dragón

Elenco: Ana Sanmartín, Victor Mosqueira, Ivñan Marcos, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina, Marcos Orsi, Quico Cadaval

Dirección: Quico Cadaval

A cabeza do Dragón foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha coleción de farsas que, titulou, irónicamente, “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia conta, mais unha vez, a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo, e tamen na nosa, a cultura europea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro