Lavandeiras
Elenco artístico: Vero Rilo e Carlos Quintá
Un espectáculo cheo de amor, humor e emoción.
O oficio das lavandeiras forma parte do noso imaxinario colectivo. As mulleres á beira do río, de xeonllos, fregando a roupa tecen unha estampa que se repetiu ao longo da nosa historia. Ao seu redor, as lendas e os contos protagonizadas por este grupo de mulleres sucédense ao longo da nosa xeografía, tanto física como identitaria. Daboapipa recolle ese patrimonio oral, musícao, dálle forma e agasállallo ao público, descubríndolle os outros relatos ao redor dos lavadoiros.