Perplexo
ELENCO:
Melania Cruz
Fernando González
Fran Lareu
Laura Míguez
ELENCO:
Melania Cruz
Fernando González
Fran Lareu
Laura Míguez
Fitness é un espectáculo itinerante, no que a pallasa Marián Bañobre percorre en bicicleta os espazos públicos facendo deporte en todas as súas variedades, interaccionando e captando a atención dos transeúntes, que se verán transladados a situacións fóra da dinámica cotiá.
Martín Maez como Hansel.
Rocío Salgado como Gretel.
Jonathán Caramés como Pai e Peque.
Marcos Alonso como Bruxa Prestamista.
Fernanda Barrio como Recho.
Hansel e Gretel son dous irmáns que se propoñen axudar a seu pai que quedou no paro; aventurándose no bosque para buscar alimentos, no seu camiño atópanse cunha Bruxa Prestamista que se interporá nos seus obxectivos, apresando nunha gaiola ao Irmán para comelo e tratando de escravizar á Irmá. Aparecen dous seres maxicotecnolóxicos que axudan aos nosos amigos a vencer á bruxa e rematar coa pobreza.
Marián Rei: Lúa
Dani Ríos: Martiño o bibliotecario
Manuel Ramil: Mestre Miolos.
Sinopse: A Lúa non lle gusta ler...e nunca, nunca usa a súa imaxinación. Pero un bo día, coñecerá a Martiño o bibliotecario, quen lle descubrirá todo un mundo máxico oculto nos libros e nos contos.
Dúas voces e un piano artellan sobre a música orixinal, unha historia que busca achegar ós pequenos e pequenas ó maravilloso mundo da lectura
Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñon e Jorge Casas
Sinopse: Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu abraiante carro cheo de frascos misteriosos convoca o publico a través da maxia e a música. Oferta remedios ás e aos presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices entre o público.
Un espectáculo de Cultura do Camiño cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!
Sinopse: Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de como o seu enxeño logrou cativar a un dos sultáns máis despiadados de toda Persia. Tratátase de... As mil e unha noites!
Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, espectacular número de maxia, moneco xigantes, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.
Elenco: Xiada Sanlés e Miguel Estrada
Elenco: Marcos Alonso / Suso Pando / Manuel Pombal
O que hai que ver! é unha combinacion dalgúns do mellores sketchs da historia de Fulano, Mengano e Citano, con outros de nova creación aos que se lle engaden unha serie de cancións orixinais cargadas de ironía, que crean, en conxunto, un 'todo' variado, dinámico e sorprendente, seguindo a liña de humor que caracteriza á compañía.
Esta historia sobre porqué os merlos ao cantar semellan dicir “rei, rei” foi escrita por Karel Kapeck poñéndose no lugar dos máis desfavorecidos socialmente. Neste espectáculo investígase sobre a técnica tradicional dos títeres de luva e recupérase a súa frescura e rebeldía.
Elenco: Manuel Solla, Abel Abelleira, Carlos Cerviño e Santiago Daroza
Dirección: Manuel Solla
Xogos, música, baile, creatividade, alegría... Estes son os elementos que configuran Os limpa limpa
O universo da imaxinación inocente exprésase na acción cotiá, mesmo no traballo, aínda que sexa nun traballo como o de limpar.