Fuga
Tras colleitar diversos recoñecementos a nivel galego e estatal en certames de teatro amateur, a obra “Fuga” volta a representarse no Barco. Esta peza, de Gargallada Teatro, ten nesta ocasión carácter benéfico, posto que será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras.