Cousas que trouxo a chuvia
Espectáculo, escrito e dirixido por Roberto Salgueiro.
Julia Ammerman, ao piano, e Lara Pouso, Carmen Tomás e Alba López interpretan esta proposta que se desenvolve arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. Xunto a elas, o público descubrirá historias cotiás sobre os veráns da infancia no campo, un pai ausente, unha nai que amasaba, a seriedade dunha profesora de balllet ou a fábrica na que se traballaba de sol a sol.