De bruíños e miañares
Contan as avoas, sabedoras do marmurio, que as bestas muxían abondo, bruaban seguido e mesmo miañaban cando quedaban sen sentido. Rinchar non escoitaran, ruxir nunca ouviran porque naquel territorio poucas feras viviran. Sen embargo, miña tía, que fora viaxada dicía que de nova bruídos escoitara.
Entre sons e ruídos pasabamos a tarde. Contabamos historias e riamos en balde.

