El Cartógrafo
Na Varsovia dos nosos días, Blanca escoita a lenda do cartógrafo do gueto. Segundo esa lenda, un vello cartógrafo empeñouse, mentres todo morría ao seu arredor, en debuxar o mapa daquel mundo en perigo; pero como as súas pernas xa non o sostiñan, como el non podía buscar os datos que necesitaba, era unha nena a que saía a buscalos para el. Blanca tomará por verdade a lenda e lanzarase á súa vez, obsesivamente, á procura do vello mapa e, sen sabelo, á procura de si mesma.
O cartógrafo é unha obra - un mapa - sobre esa procura e sobre aquela lenda.

