Dos más dos
Adrián e Julieta son unha parella felizmente casada desde hai anos e teñen un fillo preadolescente. Os seus amigos de toda a vida Tomás e Silvia preferiron non casar nin ter fillos e gozan da súa vida en parella os dous sós.

Adrián e Julieta son unha parella felizmente casada desde hai anos e teñen un fillo preadolescente. Os seus amigos de toda a vida Tomás e Silvia preferiron non casar nin ter fillos e gozan da súa vida en parella os dous sós.
As Troianas de Eurípides, o máis moderno dos tres grandes dramaturgos clásicos gregos, é adaptada pola compañía Noite Bohemia para levar ao espectador do século XXI á complexidade da traxedia grega co dinamismo do teatro contemporáneo.
Elenco artístico: Gema Ulloa e Fran Martí
"A Yago gústalle o mar e gústalle a aventura. Milleiros de veces xogaba co seu avó a ser mariñeiro: dar unha volta ao temón, tocar a campá, subir na ponte de mando do capitán e dar ordes. O avó sempre lle dicía: Oe, Yago, lembra, os mares non nos separan, únennos, somos moi diferentes e parecidos á vez!!!!
Gústavos o diñeiro? ... Moito?
Os granxeiros desta historia non perdían o tempo pensando no diñeiro e
sempre repartían o pouco que tiñan con quen máis o necesitaba, pero un
día unha galiña chegou á súa granxa e puxo un ovo de ouro.
Imaxínasvos se vos pasase a vós? ...
La gallina de los huevos de oro, fala da pobreza, a riqueza e a avaricia. Unha historia que conta que o diñeiro é un conto.
Talía Teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atópase aquí unha reinvención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorporar novas formas de teatralidade.
Conexion é unha distopia,que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se construen neste tempo as nosas vidas,e pon de manifesto a necesidade-especialmente da infancia-de conectar co real:co entorno,co humano e cos sentidos que van máis alá das experiencias visuais e auditivas.
De que trata Pintamúsica! ?
De achegar, aos máis pequenos, as artes escénicas e musicais a partir dunha experiencia vivencial onde a música e a visualidad das imaxes teñen un papel protagonista para captar a atención do espectador realizando un percorrido sensorial da man de tres pintamúsicos
Tres músicos, actores e cantantes son os encargados de guiar Pintamúsica!. Despois de presentarse e convidar os nenos e as súas familias para entrar na sala, iniciamos esta viaxe polas estacións do ano onde, para cada época temos unha cor, unha canción e uns instrumentos.
Spasmo presenta El Mundo Lirondo, unha viaxe que vos levará aos recunchos máis afastados do mundo e traeravos de volta a casa.
Os pequenos espectadores adquirirán dun xeito divertido e emocionante nocións básicas de xeografía, xentes e diferencias culturais, plantas e animais, e fundamentalmente, a importancia de respetar e coidar o medio ambiente.
Fai as maletas, colle o teu pasaporte e a túa cámara de fotos e prepárate para a maior e máis divertida aventura da túa vida.
Autoria, dirección e elenco: Diego Lorca e Pako Merino
Miquel, técnico dunha multinacional mineira, chega a unha explotación da compañía en Sudamérica. Alfredo (o alcalde) e a súa comunidade esperan a este novo descubridor. Prodúcese o reencontro de dous mundos e formas diferentes de entender a vida. As ambicións, oportunidades e consecuencias da implantación da mina marcan o futuro do pobo e as súas relacións entre veciños.
Autor: Daniel Maclvor
Dirección: Kevin Orr
House desaforado, é unha comedia, un monólogo creado polo multipremiado dramaturgo canadense Daniel Maclvor, traducido ao galego pola escritora María Reimóndez e dirixido neste caso tamén polo director tamén canadense Kevin Orr, convidado expresamente pola compañía.