Almendrita a pequena
Esta obra para nenos a partir de 4 anos conta a historia da pequena Almendrita, que máxicamente naceu dunha flor e desexa coñecer o mundo. Mentres Almendrita dorme plácidamente no colo de mamá coxín, un sapo de xelatina lévaa ao río. Así é como Almendrita, na procura do camiño de volta á casa, vai coñecendo o mundo a través de singulares personaxes que a axudarán a confiar en si mesma e a se valorar tal e como é.

