Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A nosa cociña

Obra de teatro escrita e dirixida por Fina Calleja e interpretada pola Aula de Teatro Universitario de Ourense. 

Sinopse: "Se o mundo está cheo de cociñas, como dicimos aquí, non te podes atopar máis que con porcos... Penso cara onde camiña o ser humano e no que un fai para arranxar o mundo... Miro esta cociña, ou penso nas fábricas ou en todas esas cantidades de edificios que se levantan aquí e acolá, con todas esas oficinas e toda esa xente dentro e dígome; Meu Deus, xa está ben, non? Xa está ben."

 

Galego

Os inocentes

Unha noite, nunha taberna chega un sinistro forasteiro que fai que se desvele un segredo gardado durante 36 anos. Manoel, o mais anodino dos clientes d’A Carrilana, fora o protagonista dunha historia conmovedora na guerra do 36. Ao rapaz da taberna médranlle as orellas, e sabe cousas que non debía saber aos seus anos. Ao longo das evocacións desta personaxe descubrimos unha estirpe esquecida nas guerras: Os Inocentes.

Galego

Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) celebra a súa vixésimo terceira edición, con preto de 30 representacións e numerosas actividades paralelas en diversos espazos da cidade. A edición deste ano conta coa participación de compañías e grupos universitarios achegados desde Portugal, Marrocos, Perú, Italia, Guinea Ecuatorial e Canadá, xunto con formacións galegas e doutras comunidades españolas

Galego

Redondo

Un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas.

Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia

A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes.

Autoría e interpretación: Laura Sarasola e Juan Rodríguez

Para nenos e nenas de 1 a 4 anos, e familias.

SÁBADO 7 de abril, ás 11:30 horas e ás 12:15 horas. Salón de actos

Galego

As cacharelas?

Un conto para nenos e maiores onde precisan da túa axuda para rematalo.

Intérpretes: María José Martínez, Chucho González e Míriam Rodríguez

Foto: J. Carrera

Deseño: Míriam Rodríguez 

Galego

Mar de hilos

Conxunto de textos escritos por diferentes dramaturgas e dramaturgos do noso país.

Os textos teñen varios elementos en común: os seus protagonistas son exiliados, inmigrantes, refuxiados e cidadáns europeos que viven outra realidade ben distinta.

Galego

Amodo, amodiño

Tring, tring, tring! Miska e Muska son grandes amigas unidas por unha paixón común: a bicicleta! Tras un inesperado reencontro, comezarán a rememorar historias de bicis; e é que a elas nunca lles gustou o fume dos coches, o ruído que hai nas cidades... prefiren outros medios de transporte menos contaminantes. Lembraranse de cando se coñeceron, nunha tola viaxe polo mundo; de Lolo, que aprendeu el só a ir en bici; da pita da tía Amelia, que quería uns patíns; e da peculiar carreira entre unha lebre e unha tartaruga.

Galego

Salvador

Borja Fernández presenta no Teatro Lauro Olmo Salvador, unha peza de teatro documento onde investiga o rastro do seu avó emigrado ao Brasil e a quen non coñeceu. Salvador é un proxecto escénico para un actor/músico e unha vídeo jockey/manipuladora de obxectos, sobre os movementos migratorios, as desaparicións e os encontros. Céntrase na figura dos avós, concretamente nos avós galegos emigrados a mediados do século pasado a Sudamérica, e do seu o impacto na historia recente na configuración das comunidades, familias e individuos contemporáneos.

Galego

Fíos

Para conmemorar o Día Mundial do Teatro, a Biblioteca de Galicia organiza esta representación Fíos, a cargo da compañía Baobab Teatro. Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que non para de coser recibe visitas, as veces esperadas e outras non, pedíndolle axuda. Coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro