Teatro

Le Artuáns
Dos creadores de Antuan de la Cream e Arturo Nono. Agora unidos nun mesmo show. Nace Les Artuans.
Un espectáculo de maxia cómica. O cómico vese .... e a maxia tamén.
Un show para tódolos publicos onde se mestura o clown, o mimo, o absurdo, as risas, máis clown, moitas máis risas e tamén un pouco de maxia.
A biblioteca máxica
Renato é un vello bibliotecario apaixonado dos libros e que ten como peculiaridade narrar os contos a través da música, o teatro de sombras, a maxia e mesmo os malabares.
Un día recibe a visita de Piruleta, un rapaz novo na vila. Xuntos vivirán mil aventuras que xamais esquecerán
Anecdoloxía
O encoro enmeigado (nas fragas do Eume)
Marcelino de Santiago, Miguel Cabaleiro e Isabel Rey.
O espectáculo O Encoro enmeigado (nas fragas do Eume) ten a intención de espertar entre os espectadores, sobre todo os máis novos, o respecto polo medio ambiente, a valoración da natureza e o compromiso co coidado do noso entorno e a fauna que vive nel e dunha maneira moi especial coa conservación dos nosos ríos e bosques. E ao mesmo tempo recuperar e poñer en valor aos personaxes míticos da nosa cultura popular que van a servirnos a nivel narrativo de enlace entre o mundo dos humanos e o dos animais e as plantas.
Chuvia
A compañía de teatro viguesa Anómico Teatro volta ao Liceo cunha nova proposta: Chuvia.
SINOPSE:
Moendo muiñeiras; cóntoche un traxe infantil
Dunha maneira sinxela, orixinal, dinámica e amena faremos unha viaxe no tempo para ver como era o vestiario dos nosos tatara-tatara-avós. A nosa narración irá acompañada de cantigas referidas ás pezas de roupa que os vestían, poemas de grandes da literatura galega nos que se alude a pezas do vestiario decimonónico e proxeccións de imaxes de traxes tradicionais e materias cos que se fabricaban as teas; e tamén, o máis importante, manipularemos estas pezas de roupa, e catro asistentes, dous voluntarios e dúas voluntarias, acabarán a charla vestidos como os seus tatara-tatara-avós.
Merenda con pan de millo
Merenda con pan de millo é un espectáculo de pequeno formato baseado no libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
As ondas das pedras no río
Adaptación por Maricastaña do libro de Arundhati Roy El dios de las pequeñas cosas.
Narra a vida de dous xemelgos nun mundo onde non se debe transgredir a historia, non se pode pensar o impensable... e o impensable, por tanto, non debe suceder.
Manoliño Nguema, dos mundos que se tocan
Tres actores de distintas xeracións contan a vida de Marcelo Ndong, alias Manoliño Nguema, o pai do teatro moderno de Guinea Ecuatorial, que se formou na Ciudad de los Muchachos en Bemposta (Ourense). Unha viaxe persoal e creativa que o levará desde a Guinea postcolonial e a España do final dos anos 60 ata a actualidade, reflectindo os lazos históricos e culturais que unen os dous países.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 292
- 293
- 294
- 295
- 296
- 297
- 298
- 299
- 300
- …
- seguinte ›
- última »