Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Circo de Pulgas

Este é un proxecto que ten a Ana Vallés como directora e fala das persoas que están atrapadas nos soños de outras persoas. Ademáis mostra os sentimentos máis persoais dela, nunha obra que deixará aos asistentes sorprendidos. A obra conta cos intérpretes Ricardo Santana, Mónica García e Nuria Sotelo, entre outros.

Galego

Xurdefet

Esta obra está dirixida por Chiqui Pereira, e conta cos intérpretes Paula Carballeira e Nuria Sanz, ademáis da propia directora, Chiqui Pereira. A obra teatral está destinada aos nenos pequenos e a entrada é gratuita.

A historia trata sobre unha muller que regresa á súa casa de cando era pequena e recorda un día no que celebrou unha festa e deuse conta de que os animais tamén tiñan sentimentos como ela, xa que non queren estar privados da súa liberdade e queren ter compañía.

Galego

Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)

Ourense convoca a décima edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), que presentará en varios espazos da cidade as propostas de 13 compañías procedentes de diferentes puntos de España, Arxentina e Portugal.  Ademais, contará con mesas redondas, cursos e espectáculos do III Encontro Mulleres Creando, dedicado a analizar o papel feminino no teatro, a cultura e a sociedade.

Galego

Zenit - La realidad a su medida

A Compañía representa unha obra na que mostra o cambio que sofre a sociedade despois da aparición dos medios de comunicación. A intención é facer reflexionar ao público sobre a influencia que teñen estes medios na nosa vida e como manipulan e modifican a realidade para poder chamar a atención da audiencia.

Doutra banda, a sociedade que segue a estes medios de comunicación se representan como mentalidades nas que se está a modificar e cambiar constantemente a información e na obra os artistas mostran as consecuencias que ten esa influencia para as nosas vidas.

Galego

Redondo

Redondo é un espectáculo para a primeira infancia que xoga coas formas. A Mr. Round fascínanlle todos aqueles obxectos redondos, os máis curiosos obxectos con forma de circunferencia. Un día, na súa incesante procura atopará unha asombrosa esfera que agocha historias sorprendentes. Unha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia.

Duración: 30 minutos.

Horario: haberá dous pases, ás 18:00 e 19:00 horas, con 70 nenos e nenas de 0 a 3 anos en cada pase.

Lugar de celebración: no salón de actos da biblioteca.

Galego

Idiota

Esta obra teatral conta con Israel Elejade como director e cos actores Elisabet Gelabert e Gonzalo de Castro. O autor da obra Idiota é Jordi Casanovas e Kamikaze Producciones S.L é a compañía que produce este evento.

A historia trata sobre a representación do sufrimento e da tristeza na vida actual. Toda a escenografía e a actuación se realiza dun modo que provoca que o público reflexione sobre como leva a súa vida. Unha reflexión sobre o humano e as parvadas que facemos cada día sen darnos conta.

Galego

Agora en serio

Coñecéronse no colexio de Tarrío, en Culleredo. Fixeron teatro xuntos desde pequenos, e mesmo compartiron outras afeccións coma o balonmán. Colleron por costume ir a Luar cada venres, montaron un local de espectáculos en Carral, e ata unha produtora, desde a que explotaron non só o seu talento como actores, senón tamén como creadores.

É (moi sintetizada) a historia de Os Dous de Sempre: Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. En 2017 cúmprense quince anos da súa primeira actuación xuntos, un aniversario moi especial que celebrarán facendo o que mellor saben facer: comedia.

Galego

República de Gundián

OBRA: “República de Gundián”
COMPAÑÍA: Andaravía Teatro
DIRECCIÓN E GUIÓN: Carlos Santiago
AXUDANTE DE DIRECCIÓN E ESCENOGRAFÍA: Pepe Penabade
DESEÑO DE CARTEL E ESCENOGRAFÍA: Pancho Lapeña
DESEÑO DE ILUMINACIÓN: Xacobo Castro
DURACIÓN: 105 min.
PÚBLICO: Todos os públicos

SINOPSE: No ano 2031, unha aldea situada nun recuncho do río Ulla desafía ao estado español cun ultimato radical: ou soberanía fiscal ou independencia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro