Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

PingüiSOS

Elenco: Rubén Pérez Pombo. Manoel Lamelo e Isabel Herrero

Sinopse: Tres pingüíns viaxan nunha balsa, camiño da terra desexada, ao corazón de Europa, na procura dunha felicidade da que tanto escoitaron falar na súa terra tropical. Para chegar ao seu obxectivo terán que pasar unha chea de aventuras por mar e terra baixo un sol ou un frío que abrasa ou conxela. A súa primeira parada será o cú de Europa, a porta de entrada, Galicia. Súbeste na nosa balsa? Remade compañeiras e compañeiros xa que a terra desexada non está lonxe.

Galego

Brinca Vai! De aquí a acolá

Brinca vaiI! de aquí a acolá é unha actividade para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia da man de Paco Nogueiras que axudará a nenos e nenas a descubrir as diversas apariencias que ten a lectura. 

Espectáculo musical para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Os tres porquiños

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na moderna historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus personaxes favoritos. Adiviñades cales son?

 

Elenco

Paulo Medal (Explorador)

Martiña Villar (Porquiño Pequeno)

Galego

Hansel e Gretel, un máxico musical

Baseado no inmortal conto dos Irmáns Grimm, este musical recupera a historia de Hansel e Gretel, aínda que suavizando os aspectos máis dramáticos da historia. Neste caso, a historia mostra aos irmáns como dous mozos loitadores que se penetran no bosque prohibido para atopar un tesouro que axude á súa familia para saír da pobreza. A bruxa nesta versión é unha vella con malas pulgas que simplemente desexa ter unha familia.

Galego

Moncho Borrajo

O artista galego deleitará ao público cos seus monólogos, cancións e imitacións sobre situacións cotiás. 

E unha vez máis, o público participará en todo momento durante o espectáculo.

Galego

Estrazalonia - O Baúl da Tía Tola

Este espectáculo realízase coa intención de que os máis pequenos gocen e aprendan observando o escenario cheo de elementos rechamantes para eles.

Está enfocada para que os nenos de 1 a 5 anos estimulen os seus sentidos, pero tamén para que o público adulto observe a posta en esecena.

O evento realízase para aumentar a creatividade e a inspiración dos nenos cun espectáculo cheo de maxia, sorpresas e música con sons descoñecidos para todos.

Galego

O rei morre

Esta obra é orixinal de Eugene Ionesco, un dramaturgo romanés que realizaba as súas obras en francés.

A encargada da dirección desta adaptación de Sarabela Teatro é Ana Vallés e conta co reparto de Fernando Dacosta, Sabela Gago, Fina Quella, Nate Borrajo e Alfonso Míguez.

A historia leva a reflexionar sobre a vida humana, mediante a interpretación da vida do rei Berenguer I. Grazas a esta representación podemos atopar diferentes sentimentos de angustia, impotencia e tristeza, o que provoca que o espectador se cuestione a súa vida.

Galego

El Test

O matrimonio formado por Héctor e Paula teñen que tomar unha decisión ante a pregunta que lles plantexa o seu amigo Toni: "Que preferides, cen mil euros agora mesmo ou un millón dentro de dez anos?". Trátase dun test psicolóxico elaborado por Berta, unha exitosa e mediática psicóloga.

Reparto: Luís Merlo, Itziar Atienza, Antonio Molero e Maru Valdivieso

Galego

A canción do Elefante

A Canción del Elefante é un apaixoante thriller psicolóxico que manterá pegado na butaca ao espectador ata o desenlace.

Un psiquiatra desaparece da súa consultaa. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermera xefe, o doutor Villaverde está decidido a encontrar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

Elenco:

  • Susana Dans
  • Guillermo Carbajo
Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro