Teatro

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Miau...!

Dirección: Tatiana Likhacheva

Elenco: Genma Ulloa e Fran Martín

Esta é a historia de Lola, unha nena de 4 aniños. Este parece un día coma outro... pero non será así. Lola vai almorzar, pero hoxe o seu día será moi diferente, vai quedar ao coidado do seu avó, que fará que a súa neta pase un rato máxico cheo de momentos divertidos e ilusións.

Galego

O último dragón

O dragón deste espectáculo non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie.

Baixo unha estrutura clásica, relendo e inspirándose en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, constrúese unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros, a princesa Celia, o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse.

 

Autora e directora: Fina Calleja

Fernando Dacosta como chambelán e o neno Telmo  

Galego

WK

Obra dirixida por Paloma Lugilde na que conta a historia dun neno que está completamente só no mundo e que quería ir ao ceo.

Está baseada no texto de Georg Büchner.

Galego

A gata con zocos

Trátase dunha comedia musical na que se revisa o conto tradicional de O gato con botas.

Recuperando a figura orixinal da gata, o Herdeiro recibe do seu finado pai un circo en bancarrota. Os artistas e músicos abandonana ao Herdeiro porque non lles paga. Don Casio reclama tamén a hipoteca do circo.

A gata, máxica por calzaren uns zocos, converterá ó Herdeiro no Marqués de Carabás...así será como os músicos e artistas, enfeitizados, regresan ó circo e a débeda ficará anulada. MIAU!

Galego

Mari Gesta

Mari Gesta, é un personaxe inspirado en Mary Poppins.

As súas estravagancias fan rir aos nenos, mais tamén aos maiores. Vive no monte, adora os toxos e as xestas e posúe unha maxia especial que a leva a sacar cousas máxicas da súa sacola.

Un espectáculo a medio camiño entre o musical e o contacontos, tinguido de seres marabillosos que acompaña a esta peculiar muller.

Galego

Caja de sueños

Caja de sueños é unha obra de Javier Valencia Palomino interpretada pola Asociación Cultural Anaqueronte, e que conta a historia de Manuel, un actor que espera a un público pero xa non quere actuar, só quere contar algunhas historias que creou onde se mostra a loita na escuridade dun home polos seus soños. 

Galego

Pasar por Nida

Pasar por Nida é unha obra escrita e dirixida por Roberto Salgueiro, e interpretada pola Aula de teatro da Universidade de Santiago de Compostela.

Sinopse: “É unha estrada interminable que busca o horizonte, unha recta infinita de asfalto que atravesa o país dun extremo ao outro e que, coma min, parece buscar na distancia un lugar onde chegar". 

Galego

Superhéroes de barrio

Jordi Gomar é o autor desta comedia musical na que nove personaxes coas mesmas frustracións, medos e desexos que calquera, tiveron a sorte de dar cun psicólogo que lles axudará a entender que o mellor que podemos ser, ás veces nace do que consideramos peor en nós mesmos. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Teatro