A festa continúa
Mamá Cabra presenta un novo espectáculo en formato musical que é un canto á vida e a todas as súas manifestacións, co que conseguirá seguir enchendo de ilusión e ritmo os corpos dos máis pequenos.
A festa continúa é a historia de un rapaz que decide deixar de soñar, pero a música, o amor e a amizade devolveranlle a alegría que todos acabarán celebrando cunha gran festa.

