42ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo
A Xunta de Galicia apoia economicamente a 42ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que pese ao seu adiamento por mor da situación sanitaria, regresará á cita anual co público cinéfilo a través dunha carteleira de máis de 100 longas e curtametraxes procedentes dunha ducia de países. As películas poderán verse en seis espazos da cidade: Auditorio Gustavo Freire, Salón de Actos da Deputación, o Museo e a Biblioteca provinciais, o Vello Cárcere e o Vicerreitorado da Universidade.

