Antoloxía dun pobo fantasma
Simon Dubé morre nun accidente de coche que ten lugar nunha pequena e remota vila de Quebec de pouco máis de 215 persoas. Sorprendidos, os habitantes da vila procuran non falar sobre as circunstancias da traxedia. O suceso esgaza á familia Dubé, e afecta psicoloxicamente ao alcalde Smallwood, xunto a outro grupo de aldeáns que non saben que facer para deixar atrás o acontecido. Mentres a xente trata de dixerir a desgracia, unha serie de persoas descoñecidas comezan a chegar á vila, ao que pouco máis tarde lle acompaña unha espesa néboa. Quen son? Que está sucedendo?

