Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mascarada

O retrato dunha dama, lixeira de roupa pero cunha máscara que impide recoñecela, é publicado accidentalmente. Unha inocente moza é erroneamente identificada como a modelo dando lugar a toda clase de enredos... 

Galego

A nube

Para salvar a súa granxa da bancarrota, unha nai solteira comeza un negocio de cría de saltamontes comestibles. Pronto desenvolve unha relación estraña e obsesiva con eles.

Galego

Cigare au miel

Selma é unha moza de 17 anos que vive nunha familia burguesa e secular bereber. Cando coñece a Julien na universidade, descobre por primeira vez o impacto das regras patriarcais na súa propia intimidade. 

Galego

L’enfer d’Henri-Georges Clouzot

Documental sobre a vida e obra de Henri-George Clouzot. "L'enfer" (1964) é o título da película que o director galo non puido acabar: en primeiro lugar, o protagonista, Serge Reggiani, enfermou, e foi substituído por Jean-Louis Trintignant; despois, Clouzot sufriu un ataque ao corazón que impediu que o proxecto seguise adiante. En 1992 a viúva de Clouzot vendeu o guión a Claude Chabrol, que fixo a película "O inferno" 

Galego

Impetigore

Maya e o seu mellor amiga Dini tratan de sobrevivir na cidade sen ter unha familia. Un día, Maya descobre que é posible que herdase unha gran fortuna dos seus podentes antepasados, polo que decide regresar ao seu pobo natal xunto á súa única amiga. Con todo, un perigo aterrador espéralles alí a ambas.

Galego

Queridos camaradas

Novocherkask, Unión Soviética, 1962. Lyudmila é membro do partido comunista local. Ela defende os ideais do réxime comunista e despreza todo tipo de disidencia. Durante unha folga laboral nunha fábrica de motores, ve como o exército mandado polo Goberno dispara aos protestantes e fai un masacre. Ese suceso cambiará a súa visión do mundo para sempre. Coa cidade destruída e axitada polas revoltas, hai moita xente ferida e desaparecida. Unha das desaparecidas é a filla de Lyudmila, o que lle obrigará a buscala entre o caos.

Galego

Gagarine

Yuri, de 16 anos, pasou toda a súa vida nas Torres Gagarin, un proxecto de vivendas situado nos arredores de París e soña con ser astronauta. Cando se expón a demolición das Torres, Yuri únese á resistencia. Cos seus amigos Diana e Houssam, embárcase na misión por salvar o seu fogar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual