Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Strike

Mungo é unha toupa que acaba de comezar traballar na mina, negocio familiar desde tempos inmemoriais. O que el realmente quere é ser futbolista, pero teme decepcionar ao seu pai. Cando a mina periga pola ameaza dun avaricioso gato, non só descubrirá que os dous mundos poden convivir, senón que a salvación da mina depende da súa destreza co balón.

Galego

Minari. Historia da miña familia

Na década de 1980, durante a presidencia de Reagan, unha familia de emigrantes surcoreanos en EE.UU. decide instalarse en Arkansas, tras abandonar California. Traballan sexando polos, pero o soño do pai é instalarse como granxeiro e cultivar verduras para o mercado coreano estadounidense. A nai, pola contra, preferiría vivir na cidade, preto dun hospital, pois o seu fillo David está enfermo do corazón.

Galego

Non dago Mikel?

Novembro de 1985. Mikel Zabalza, un mozo condutor de autobús, é detido xunto a outras persoas pola Garda Civil no campo dunha operación antiterrorista. Cando os demais mozos son liberados, denuncian ser salvaxemente torturados. Mais falta Mikel. As autoridades alegan que se fugou e mentres as esperanzas de atopalo vivo van desaparecendo, as rúas do País Vasco arden cun berro: «Onde está Mikel?»

Galego

Atadeiras atrapadas na rede

O Museo Massó presentará un micro-vídeo titulado "Atadoras atrapadas na rede", dedicado ao colectivo das rederas e a súa loita para conseguir dignificar o oficio, conseguir mellores condicións laborais e recoñecemento no sector pesqueiro, e poñer fin á brecha de xénero que existe entre este colectivo e o dos rederos.

Galego

Cinco mulleres artistas representadas na colección do museo

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra este ano o Día da Muller coa presentación dunha serie de videos divulgativos dedicados a cinco das mulleres artistas representadas na colección do museo, centrándose nunha das súas obras.

As artistas seleccionadas para esta ocasión son a escultora Elena Colmeiro, coma homenaxe tras o seu recente pasamento, e as pintoras Julia Minguillón, María Röesset, María Victoria de la Fuente e Dolores Díaz Baliño.

Estes videos divulgaránse nas canles e as redes sociais do museo, un cada día da semana do 8 ao 12 de marzo.

Galego

Chungking Express

Dúas historias de amor independentes que se desenvolven no popular barrio turístico de Tsimhatsui, en Hong Kong. A primeira describe o fugaz encontro entre un mozo policía en plena crise amorosa e unha misteriosa muller fatal traficante de drogas. A segunda céntrase no singular romance entre un solitario e sinxelo axente de policía e a nova camareira do bar onde aquel adoita comer.

Galego

Ponyo no acantilado

A historia céntrase en Sosuke, un rapaz de cinco anos, e a súa relación cunha princesa peixe que ansía converterse nun ser humano. Libre adaptación de 'A sereíña' que obtivo unha moi boa acollida da crítica no festival de Venecia 2008.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual