A casa construida por todas as mulleres
Presentación do vídeo A casa construída por todas as mulleres, un documental que relata os inicios da Casa da Muller ata a actualidade.

Presentación do vídeo A casa construída por todas as mulleres, un documental que relata os inicios da Casa da Muller ata a actualidade.
Versión elíptica e crepuscular da Odisea de Homero. A Penélope desta historia chámase Carmen, ten o carácter dunha xeración dura pero sentida, e espera en Santa María de Oló. O Ulises é Ramón, que regresa ao pobo tras trinta anos de ausencia. Un último viaxe cuxo fin, máis aló do vivido, é o regreso a unha patria e a un modo de vida que se extinguirá con eles.
Na noite do 24 ao 25 de abril de 1974, suboficiais do exército portugués inician unha sublevación contra a ditadura de Oliveira Salazar. A súa xesta pasará á historia como "a revolución dos caraveis". A película recrea a historia do capitán Salgueiro Maia, un dos protagonistas do levantamento militar.
Maria atópase atrapada entre dous mundos. No colexio, esta moza de 14 anos, ten os típicos intereses dunha adolescente, pero cando está na súa casa debe seguir os ditados da Sociedade de San Pío X e a súa tradicional interpretación do catolicismo. Todo o que Maria pensa e fai debe ser examinado ante Deus.
Holot é un centro de detención de solicitantes de asilo procedentes de África en pleno centro israelí. Chen Alot e Avi Mograbi deciden facer un taller de teatro segundo os principios do Teatro do Oprimido do brasileiro Augusto Boal. O proceso comeza cos solicitantes de asirlo narrando escenas da súa propia vida, mais a dinámica muda cando se involucran tamén os israelís. Poden a interpretación e os cambios de rol axudar a entender mellor outros puntos de vista.
Hong Kong, 1962. Chow, redactor xefe dun diario local, múdase a un novo piso coa muller. Alí coñece a Li-zhen, unha muller que acaba de se instalar no mesmo edificio co home. Ela é secretaria dunha empresa de exportación e o home está decote de viaxe de negocios. Como a muller de Chow tamén está case sempre fóra de casa, Li-zhen e Chow pasan cada vez máis tempo xuntos e fanse moi amigos. Un día, ambos os dous descobren algo inesperado sobre as súas respectivas parellas.
Rigoroso, afouto, xusto e respectable, Atticus Finch é un avogado que defende un home negro acusado de violar unha muller branca. Mergullados na época da Gran Depresión e nunha poboación sureña, Atticus acepta o caso coñecendo as evidencias da inocencia do home, mais tamén as consecuencias e inimigos que pode xerar arredor de si. Atticus vai gañarse a admiración e o amor incondicional dos fillos, orfos de nai. Adaptación da famosa novela homónima de Harper Lee, a evasiva, sensible e xenial escritora sureña, sen dúbida a máis memorable das producións do dúo Alan J.
A primeira longametraxe en solitario de Javier Fernández Vázquez, outro dos tres membros do colectivo Los Hijos, investiga un de tantos episodios históricos tan ignotos coma incómodos. En 1904, Ësáasi Eweera, un dos últimos líderes bubis que se opuxeran ás autoridades españolas na illa de Fernando Poo (territorio da actual Guinea Ecuatorial) foi detido por gardas coloniais e levado á forza a Santa Isabel, capital da colonia. No cárcere e gravemente ferido, Ësáasi Eweera morreu tres días máis tarde. A súa aldea foi incendiada e moitos dos seus habitantes desapareceron.
Esta sesión está dedicada al cineasta Mani Kaul, uno de los principales integrantes del llamado nuevo cine indio. Mati Manas, una de sus películas más emblemáticas, combina la poesía con las leyendas asociadas a las tradiciones de las antiguas comunidades de alfareros.
Lai Yiu- Kai e Ho Po-Wing viven unha apaixonada relación. Viaxan desde Hong Kong a Arxentina para comezar de cero unha nova vida, mais a chegada ao novo país parece transforma as cousas entre eles e Ho, de súpeto, abandona a Lai. Leste comeza a traballar nun bar de tango, cun único afán de reunir diñeiro dabondo para volver ao seu país. Un día Ho reaparece, pero nada é xa como antes.