Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

MICE: A poeta analfabeta

A poeta analfabeta é un filme documental que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos seus 89 anos Luz é testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, por ser roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa fondamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo esta poeta que a pesar do tremor das mans escribe todos os días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?

Galego

MICE: Exercicios de memoria

Agustín Goiburú foi o opositor político máis importante ao réxime de Stroessner en Paraguai. Desapareceu en 1976 en Paraná, na provincia de Entre Ríos (Arxentina), onde vivía exiliado. Este documental trata de introducirse en todo ese contexto político a través dos recordos dos tres fillos de Goiburú e a súa viúva: Elín, Rogelio, Jazmín e Rolando.

Galego

MICE: Diario inacabado

En Diario inacabado a emigrante chilena Marilú Mallet loita por facer unha película sobre a experiencia de profundo illamento do exilio. O seu esposo de fala inglesa, un destacado cineasta, critica o seu enfoque subxectivo da cinematografía; o seu fillo pequeno, criado en Quebec, só fala francés. As entrevistas con Isabel Allende e outros exiliados chilenos revelan un vínculo profundo nesta poderosa e resoante película sobre linguaxe e xénero, exilio e inmigración. 

Galego

Red Kimona

Estados Unidos, 1925

Dirección: Walter Lang, Dorothy Davenport Reid. Guión:  Malcolm Stuart Boylan, Dorothy Arzner, Dorothy Davenport Reid. Intérpretes: Priscilla Bonner, Carl Miller

Sinopse: Unha inxenua moza  trata de escapar da vida cruel no seu fogar e namórase dun atractivo estraño que promete casar con ela en Nova Orleans

Galego

MICE: Entre pastores e lobos

No noroeste da península ibérica vive unha das maiores poboacións de lobos de Europa. Pedro Alonso é un biólogo experto no estudo do lobo ibérico. Leva máis de 30 anos tras a súa pegada intentando comprendelos, acumulando as súas costas miles de quilómetros percorridos por camiños e pistas dos montes de Galicia. Unha historia real entre pastores e lobos. Un recorrido polas memorias para achegarnos á natureza salvaxe e asomarnos á complexidade dos ciclos naturais das montañas. 

Galego

Selected Milk

España, 2020

Dirección: María Meseguer, José Luis Ducid, Alfonso Camarero . Guión:  José Luis Ducid
Intérpretes: Richard Holz, Silvana Sieiro

Sinopse: "Leite seleccionado engadido de leite en po reconstituído enteiro pasteurizado homoxeneizado" ten a forma dun manual para vendedores de tetra bricks de leite en supermercados. 

Galego

The Woman Condemned

Estados Unidos,  1934

Dirección:Dorothy Davenport (Mrs. Wallace Reid). Guión:  Willis Kent. Inérpretes: Claudia Dell, Lola Lane

Sinopse: Un mozo xornalista, intrigado polo encanto dunha muller acusada de asasinar unha estrela da radio, tenta probar a súa inocencia en contra de todas as evidencias atopadas

Galego

Crash

Canadá, Reino Unido, 1996

Dirección e guión:  David Cronenberg; novela de J.G. Ballard. Intérpretes: James Spader, Holly Hunter, Elias Koteas

Sinopse: Cando unha noite, James Ballard esnafra o coche contra o de Helen, máis aló das feridas e do ingreso no hospital, algo sorprendente sucede

Galego

Siddheshwari

India, 1989

Dirección  e guión:  Mani Kaul. Intérpretes: Mita Vashisht, Muhar Biswas

Sinopse: As diferentes mulleres que aparecen no filme non representan a cantante, Siddheshwari Devi (1908-1977), senón que a presentan a través da experiencia da música, a literatura ou o cine

Galego

Mi vecino Totoro

Xapón, 1988

Dirección e guión:  Hayao Miyazaki. Animación

Sinopse: Mei e Satsuki son dúas irmás que se mudan con seu pai a vivir a unha cabana no campo. Un día, por casualidade, a máis pequena descobre a existencia dos totoros: espíritos gardiáns do bosque

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual