Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Arroz amargo

Perseguida pola policía, a cómplice dun ladrón únese a un grupo de xornaleiras que se dirixen ás plantacións de arroz do Po. Unha vez alí, reúnese con ela o seu amante que planifica apoderarse, coa axuda duns amigos, da colleita.

Galego

Outra rolda

Catro profesores embárcanse nun experimento sociolóxico no que cada un deles deberá manter a taxa de alcol no seu corpo ao mesmo nivel durante a súa vida diaria, intentando demostrar que dese xeito poden mellorar en todos os aspectos da súa vida. Pero as consecuencias do experimento cambiaranos para sempre.

Galego

Nación

A fábrica galega de louza Pontesa pechou en 2001. Vinte anos despois, á espera de sentenza sobre a súa reclamación de débeda pendente, un grupo de traballadoras lembra o símbolo da súa liberdade individual, a súa emancipación económica e a súa loita sindical. Nieves, Ester, Manuela, Carmen P. e Carmen A. manteñen viva a pelexa polos dereitos da muller na España do século XX. A historia das súas vidas desprégase en presenza da esfinxe: reclama a memoria das operarias do téxtil, a louza e a conserva e anuncia voces e arquivos que engarzan tempos e corpos diferentes. Traballar sen cobrar?

Galego

Nomadland

Unha muller, despois de perdelo todo durante a recesión, embárcase nunha viaxe cara o Oeste americano vivindo como unha nómade nunha caravana. Tras colápsoo económico que afectou tamén á súa cidade na zona rural de Nevada, Fern toma a súa camioneta e póñense en camiño para explorar unha vida fóra da sociedade convencional como nómade moderna.

Galego

Outro país

A descoberta da democracia e o desmantelamento do último imperio colonial europeo tralo golpe militar do 25 de abril de 1974 colocaron a Portugal no primeiro plano da actualidade internacional. Durante a Revolução dos Cravos algúns dos maiores fotógrafos e documentalistas do mundo desembarcaron en Lisboa para recoller as imaxes deste acontecemento: Glauber Rocha, Robert Kramer, Thomas Harlan, Pea Holmquist, Sebastião Salgado... Que foi o que descubriron en Portugal? Cales eran os seus soños e expectativas? Que quedou do soño revolucionario?

Galego

Luz obscura

A existencia da fotografía dunha nai co seu bebé no arquivo da PIDE, a Polícia Internacional e de Defesa do Estado,  sérvelle a Susana de Sousa Dias como punto de partida para narrar, coma xa fixera en filmes anteriores (48 ou Natureza morta), algunhas historias que están detrás dos mecanismos de represión política da ditadura portuguesa. A través da rede de memorias políticas e persoais dos fillos do militante comunista Octávio Pato (1925-1999), Luz Obscura reflexiona sobre o poder, a imaxe, o recordo e os efectos que tivo un sistema autoritario na intimidade dunha familia.

Galego

Alentejo, Alentejo

No Alentexo, no sur de Portugal, decenas de grupos amadores reúnense regularmente para ensaiar antigos cantes polifónicos e para improvisar modas sobre o tempo presente. Nacido nas tabernas e nos campos de cultivo, o cante alentexano transmitiuse ao longo de xeracións e atravesou as fronteiras da rexión que lle deu orixe.

Galego

El Gólem

A segunda sesión do ciclo traeranos unha das películas fundamentais do cinema alemán, precursora do Expresionismo: EL GÓLEM (1920, Paul Wegener), un conto de terror inspirado nunha lenda xudía do século XVI que conta a historia dun rabino nigromante do gueto de Praga que crea unha figura de arxila que, traída á vida por un demo, encargarase de protexer aos xudeus da cidade.

Galego

Un vrai bonhomme

Tom, un adolescente tímido e sensible, chega novo a un instituto. Para axudarlle a integrarse, decide escoitar os consellos de Léo, o seu irmán maior e un verdadeiro mestre. Léo está decidido a facer de Tom un tío enrolado, pero o seu omnipresencia vólvese rápido unha carga negativa.

Galego

Entre nós

Nina e Madeleine, dúas mulleres xubiladas, están secretamente namoradas desde hai décadas. Aínda que para os demais non son máis que dúas veciñas, veñen e van dunha casa á outra compartindo a tenrura dunha vida en común. Ata que un día, a súa relación dá un xiro por mor dun suceso inesperado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual