Premios Mestre Mateo 2021: Ons
O regreso á longametraxe de Alfonso Zarauza ?seis anos despois de Vos fenómenos- dá lugar ao mellor dos seus filmes, triunfador na última cerimonia dos premios Mestre Mateo. Coproducido con Portugal, as prestacións técnicas e artísticas son impecables (actuacións, fotografía, deseño sonoro,) e Zarauza traza un relato medido, íntimo, enigmático e delicado, un retrato complexo de seres errantes no sentimental co fondo fascinante da illa de Ons.

