Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

La rodilla de Clara

Francia, 1970

Dirección e guión: Éric Rohmer. Fotografía:  Néstor Almendros. Intérpretes: Jean-Claude Brialy, Béatrice Romand, Aurora Cornu

Sinopse: Jérôme, un diplomático de vacacións en Annecy, en connivencia con Aurora, novelista e antiga amante, próponse conquistar a Laura, unha moza moi nova. Deseguido ha descubrir tamén a Clara

Galego

Josep

Bélxica, España, Francia, 2020

Dirección: Aurel. Guión:  Jean-Louis Milesi. Música: Silvia Pérez Cruz. Intérpretes. Animación

Sinopse: En febreiro de 1939, superado pola vaga de republicanos que foxen da ditadura de Franco, o goberno francés opta por confinar os españois en campos de concentración. Nun daqueles campos, dous homes, separados por un arame de púas, establecen unha amizade

Galego

Dani Karavan

O artista israelí Dani Karavan creou preto de 100 instalacións ambientais por todo o mundo. Gañou algúns dos premiso internacionais de arte máis prestixiosos e chéganlle constantemente peticións para dar conferencias sobre a súa obra innovadora. A pesar diso, Karavan non está nin moito menos satisfeito. As estruturas monumentais deterióranse igual que el se vai facendo maior. O clima político do seu país empeza a volvelo tolo cando de súpeto, vese envolvido nun grave conflito político e artístico a partir da súa última exposición.

Galego

Oskara

Oskara é unha película documental que nace do encontro entre Marcos Morau, un innovador coreógrafo valenciano, e Kukai Dantza, un grupo de danza con raíz no folclore vasco. Xuntos crean un espectáculo de enorme beleza.

O proceso creativo e o resultado final permítennos falar dun asunto de interese universal:

Quen son? Cal é a miña identidade?

A través da danza falamos de tradición e liberdade, terra e linguaxe, creación e convención, historia e futuro.

Galego

Reboiras. Acción e Corazon

Na madrugada de 12 de agosto de 1975 é asasinada a última vítima mortal da ditadura franquista na Galiza.

Longametraxe documental que leva á pantalla a vida de Moncho Reboiras desde a vertente humana e política. A súa vida e o seu pensamento son recreados a través de

entrevistas a 29 testemuñas que con el partillaron diversas etapas da vida. Ademais, a obra revive a través de secuencias de ficción as últimas horas de Xosé Ramón

Reboiras Noia e inclúe filmacións históricas.

Galego

Climax

A mediados dos 90, uns mozos bailaríns fan a súa última coreografía e logo celebran unha festa ao redor dunha gran fonte de sangría. Pronto, a atmosfera vólvese eléctrica e unha estraña tolemia atraparaos toda a noite. Parécelles obvio que foron drogados, pero non saben por quen ou por que.

Galego

Nuestras derrotas

As nosas derrotas ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos como os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de películas do Maio do 68. Que valor teñen a revolución ou o compromiso no seu día a día? Como perciben o mundo no que crecen? E, sobre todo, quererán cambialo, destruílo ou construír un novo?.

Galego

Los Hongos

Cada noite despois do traballo na construción, RAS pinta grafitis en distintos muros do seu barrio ao oriente de Cali. Non volveu a durmir e está a empezar a soñar esperto. Un día perde o seu traballo por roubar varios tarros de pintura cos que viña facendo un gran mural. Sen un duro no peto, atravesa a cidade en busca de CALVIN, outro mozo grafitero que estuda belas artes e coida da súa avoa. Os dous irán sen rumbo fixo pola cidade e no camiño, como dous fungos, contaminarán a súa contorna de inmensa liberdade.

 

Galego

Charulata. A esposa solitaria

Baseada nun relato de Rabindranath Tagore ambientado a finais do século XIX, cando a India era aínda unha colonia inglesa. Charu, unha muller da alta sociedade bengalí que leva unha vida ociosa, está casada con Bhupati. Este, herdeiro dunha fortuna, utiliza os seus cartos para publicar un xornal político, e séntese orgulloso de non deixarse arrastrar pola comodidade e a desidia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual