Pintura tradicional chinesa
Obradoiro impartido por un grupo de estudantes chineses de intercambio na USC, coordinados por Han Yu (韩禹) presidente da Asociación China Universitaria de Santiago de Compostela (圣地亚哥大学中国学生学联) e Miguel Cortés Hernández (米東方), vogal de Intercambios Lingüísticos e Actividades Culturais da Asociación.
Unha tradición oriental na que a atención e a habilidade conxúganse coa creatividade e o entretemento.
Dirixido a rapazada de 6 a 16 anos.
O límite de prazas é de 8 nenos e nenas que poden vir acompañados dunha persoa adulta que tamén participa no obradoiro.

