Recreamos a historia do libro con realidade aumentada
Recreamos a historia do libro con realidade aumentada é un obradoiro para conmemorar o Dia das Bibliotecas, no que os participantes escribirán de forma colaborativa unha historia sobre a evolución do libro e o seu contexto, para posteriormente recreala empregando a tecnoloxía da realidade aumentada. O obradoiro desenvolverase na biblioteca Ánxel Casal e nel poderán participar rapaces e rapazas de entre 10 e 14 anos, previa inscrición no teléfono 881 999 401 ou na propia biblioteca.

