Internet básico
Contido: conceptos básicos, buscadores máis importantes e o seu uso, correo electrónico, redes sociais, outras páxinas.. ...

Contido: conceptos básicos, buscadores máis importantes e o seu uso, correo electrónico, redes sociais, outras páxinas.. ...
Obradoiro dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos de idade con coñecementos básicos de manexo de ordenador. Deseña as túas postais e felicita o Nadal. Inscripción previa. O lúns 22 e martes 23 de decembro. Impartido por Mª Nieves Novoa Blanco
Quén mellor que o mesmo Martín Códax para descubrir a literatura medieval? O propio xograr achega aos participantes a esta etapa literaria e le algunha das súas cantigas.
Posteriormente, axuda aos participantes a practicar distintos tipos de letras co que realizar un documento medieval e iluminalo.
Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas.
Que comían os galegos hai máis de 2000 anos? Como podería ser un banquete nun castro? Imos viaxar coa imaxinación por diferentes pratos do menú dun castro galego. Descubriremos, e tamén descartaremos, aqueles alimentos que poderían ter comido e como e onde puideron cociñalos. Todo, apoiándonos nas evidencias e pistas que nos ofrece a arqueoloxía. Mesmo tomaremos contacto con auténticos obxectos arqueolóxicos relacionados coa alimentación castrexa.
Imaxina poder seguir a pegada do carbono na Terra, recoñecelo e saber onde se atopa e como se forma.
Cando estamos sentados á beira do mar observamos unha inmensidade de auga que as veces se move, vemos ondas, a marea que sube e baixa... pero que pasa nas profundidades?... Que pasa máis aló do que ven os nosos ollos? Pensaches algunha vez na sal que tes na casa, a que se usa para cociñar? A sal de mesa é normalmente mariña, de feito a auga do mar é salgada pero... é igual de salgada noutros lugares? E que pasa coa temperatura? É a mesma en Galicia que no Polo Norte?
Actividade infantil dirixida a nenos e nenas, a partir dos 3 anos, na que se combina sesión de contacontos coa creatividade plástica, a través de debuxos.
A participación nesta sesión non precisa inscrición e a entrada é de balde ata completar aforo.
O debuxante Yago García aprendera aos participantes desde as técnicas básicas de debuxo ata cómo realizar un cómic.
Ésta dirixido a nenos e nenas, a partir dos 12 anos e precisa inscrición.
Como fritir un ovo sen aceite e sen calor? Aprende como a ciencia ensina outras formas de cociñar neste obradoiro práctico dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos.
Inscrición previa na biblioteca (20 prazas).
O escritor, mestre e bloguero Francisco Castro imparte un obradoiro de escrita creativa.
O seu traballo literario ten o recoñecemento de premios como o Blanco Amor, o de Novela Manuel García Barros e o de Novelas por Entregas de La Voz de Galicia.
Como xornalista obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’.